Resolución do 16 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Ven a Galicia, ben en Galicia para residentes no exterior e se convocan as correspondentes ao ano 2010.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da comunidade autónoma ao cal lle corresponde, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, que desenvolve o artigo 7 do Estatuto de autonomía de Galicia, onde se establece o dereito das comunidades galegas de fóra de Galicia a colaborar e compartir a vida social e cultural do pobo galego.

A teor do establecido no parágrafo anterior, a Secretaría Xeral da Emigración desenvolve anualmente, entre outros, programas que permiten o achegamento a Galicia e á súa realidade actual a maiores pertencentes ás colectividades galegas do exterior con escasos recursos económicos.

Neste contexto enmárcase esta resolución pola que se convoca e regula o programa de viaxe a Galicia Ven a Galicia, ben en Galicia, que lles permite a emigrantes galegos maiores de 60 anos asentados noutras comunidades autónomas españolas ou residentes noutros países europeos un tempo de vacacións en Galicia para desfrutar e coñecer a realidade actual do noso país.

A disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

En virtude do exposto e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, naqueles preceptos que sexan básicos, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na normativa que a desenvolve, logo do informe da Asesoría Xurídica e da Intervención Delegada deste órgano,

RESOLVO:

Artigo 1º Bases reguladoras e convocatoria de axudas.

Mediante esta resolución apróbanse as bases polas que se rexerá a concesión de axudas en especie correspondentes ao programa Ven a Galicia, ben en Galicia orientado a ofrecerlles un tempo de lecer aos emigrantes galegos residentes en Europa e aos naturais de Galicia asentados noutras comunidades autónomas de España, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual do noso país, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como aos nosos costumes tradicionais. Así mesmo, convócanse as axudas correspondentes ao ano 2010.

Artigo 2º Prazas convocadas, achegas económicas e datas de realización.
  1. O número de prazas convocadas para o ano 2010 é de 77.

  2. Os participantes residentes noutras comunidades autónomas de España e en Portugal aboarán 60 € en concepto de parte do pagamento dos gastos de traslado no caso de que opten por que sexa a Secretaría Xeral da Emigración quen organice os traslados por vía regular entre o seu lugar de residencia e o lugar de destino en Galicia.

    Os residentes noutros países europeos deberán aboar 100 € polo mesmo concepto.

    O resto dos gastos de traslado por liña regular dos participantes serán por conta da Secretaría Xeral da Emigración, que xestionará o desprazamento dos/as beneficiarios/as no caso dos/as que opten por esta vía.

  3. O programa desenvolverase desde o 15 ao 28 de novembro de 2010.

Artigo 3º Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 4º Financiamento.

Trátase de axudas en especie e, consecuentemente, non supoñen contabilización de gasto. Os servizos que se prestan aos participantes nesta convocatoria serán obxecto de licitación, de acordo coa Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e con cargo á aplicación orzamentaria 04.50.312C.226.07.- Actuacións derivadas da Lei de galeguidade, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2010, na cal existe crédito adecuado e suficiente, cun importe máximo de 20.000 €.

O importe máximo previsto nesta convocatoria poderá incrementarse con base nos supostos previstos no artigo 31.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Artigo 5º Criterios de selección.

Os criterios de selección establécense nas bases reguladoras polas cales se rexerá esta convocatoria de axudas e que se inclúen nesta resolución; para estes efectos, e no que se refire ao criterio de desempate previsto nas ditas bases reguladoras, faise constar que a letra resultante do sorteo que tivo lugar en cumprimento do disposto no Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (feito público por Resolución do 26 de xaneiro de 2010, publicada no DOG nº 20, do 1 de febreiro) foi a letra M.

Artigo 6º Desenvolvemento.

O secretario xeral da Emigración poderá ditar todas as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta convocatoria e das súas bases reguladoras.

Artigo 7º Recursos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2010.

J. Santiago Camba Bouzas

Secretario xeral da Emigración

ANEXO I

Bases reguladoras

Artigo 1º Obxecto e finalidade das axudas.

Este programa ten por obxecto ofrecerlles aos emigrantes galegos residentes noutros países de Europa e aos naturais de Galicia asentados noutras comunidades autónomas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR