Decreto 238/2006, do 21 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público de determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2006.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

De conformidade coas previsións contidas na Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), así como do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en orde á convocatoria periódica de procedementos de selección de persoal que garanta os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso, procede agora afrontar a oferta pública de emprego para o ano 2006.

O ámbito da dita oferta circunscríbese ás categorías de persoal estatutario incluídas no anexo deste decreto.

En consecuencia, por proposta da conselleira de Sanidade, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario ao Servizo da Comunidade Autó

noma e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Aprobación da oferta pública de emprego.

Apróbase a oferta de emprego público do persoal estatutario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde para o ano 2006 das categorías incluídas no anexo deste decreto.

Artigo 2º Sistema de selección.

De conformidade co establecido no artigo 6.1º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo antes citado, en todas as categorías que se convoquen o sistema de selección será o de concurso-oposición.

Artigo 3º Promoción interna.
  1. Reservarase un 50% do total das prazas convocadas en cada categoría para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

    Non obstante o anterior poderá establecerse unha reserva inferior cando así veña xustificado pola planificación eficiente das necesidades, polas características específicas da categoría ou especialidade ou pola titulación requirida para o acceso.

  2. Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas de reserva, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

  3. As prazas non cubertas acumularanse ao sistema de acceso libre.

Artigo 4º Persoas con discapacidade.
  1. En cada convocatoria reservarase un número de prazas que representan como mínimo o cinco por cento, en número enteiro, das prazas convocadas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR