Resolución do 28 de decembro de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para o desenvolvemento das liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres, e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorSERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
Rango de LeyResolución

O Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado no seu artigo 1 atribúelle a esta consellería as competencias en materia de muller, que serán exercidas a través do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados na Constitución española.

Ao Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, creado pola Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, correspóndelle, entre outras funcións, a de facilitar a formación profesional das mulleres (artigo 3.8º).

A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, establece o compromiso da Comunidade Autónoma na eliminación da discriminación entre mulleres e homes e na promoción da igualdade no ámbito laboral e formativo.

No IV plan de igualdade de oportunidades das mulleres galegas dedícase unha área específica á formación, emprego e conciliación da vida persoal, familiar e laboral e, dentro dela, un dos obxectivos prioritarios é eliminar as barreiras que lles impiden ás mulleres incorporarse ao mercado laboral, consolidando a formación como medida prioritaria para a mellora e o incremento do emprego e estimulando, especialmente, a utilización de novas tecnoloxías.

Neste marco, a consolidación das actividades económicas existentes, sobre todo a aparición de actividades novas na súa concepción, vén a exixir un incremento na capacitación dos recursos humanos utilizados nelas.

A innovación técnica e organizativa das actividades económicas, a incorporación da muller ao mundo do traballo e a preocupación que leva consigo a plena integración comunitaria demandan plans adecuados á realidade actual, en que a formación que se imparta se adapte ás necesidades existentes.

A formación para o emprego débese conformar como unha acción programática co fin de superar concepcións tradicionais de ofertas de emprego en profunda transformación.

Esta resolución pretende concretar os principios xerais da formación ocupacional, coordinando as accións de formación coas actividades de orientación

profesional e a execución de accións e programas que faciliten a inserción laboral das mulleres e a mellora da súa cualificación profesional.

No Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establécense os requisitos xerais ás subvencións concedidas pola Administración autonómica, normativa á que, en consecuencia, se adaptará esta resolución, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Capítulo I

Finalidade e réxime das axudas

Artigo 1º Finalidade.
  1. O obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública, para o ano 2005, das axudas e subvencións para a realización dos plans de actuación e de programas de formación profesional do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller a prol das mulleres mediante a execución das seguintes actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo:

    1. Apoio a programas destinados a facilitar a inserción laboral das mulleres impulsando a súa cualificación profesional, naquelas profesións demandadas polo mercado de traballo.

    2. Apoio a programas de formación ocupacional coordinados con actividades de orientación profesional e plans de fomento da economía social e a promoción de empresas.

    3. Apoio a proxectos formativos de carácter singular que poidan achegar un valor engadido ás accións anteriores.

  2. A concesión destas subvencións realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva segundo os criterios que se establecen no artigo 14º e resolverase dentro das dispoñibilidades orzamentarias definidas no artigo 2º.

Artigo 2º Financiamento.

As accións incluídas nesta resolución están cofinanciadas cos fondos reflectidos no Marco Comunitario de Apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo e financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.50.212A 460.1 (677.635 A), 14.50.212A 460.2 (74.000 A), 14.50.212A 470.1 (40.000 A), 14.50.212A 480.1 (498.000 A), 14.50.212A 480.2 (190.000 A) recollidas no proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005. O importe global destinado a elas ascende a 1.479.635 euros. As citadas contías poderán incrementarse de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas do 24 de novembro de 2000 e 25 de outubro de 2001, posibilita a tramitación anticipada de expedientes de gasto, no exercicio anterior ao dos orzamentos, sempre que exista crédito axeitado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2005 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 14 de outubro de 2004.

Artigo 3º Normativa aplicable.

A tramitación de solicitudes e concesión destas axudas axustarase ao disposto nesta resolución, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2005 e no Regulamento (CE) núm. 68/2001, do 12 de xaneiro, da Comisión das Comunidades Europeas, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (CE) ás axudas á formación, e demais normativa de aplicación.

En canto á información e publicidade das accións que se realicen ao abeiro desta resolución seguirase o disposto no Regulamento (CE) núm. 1159/2000 da Comisión, do 30 de maio, sobre as actividades de información e publicidade que deben levar a cabo os estados membros en relación coas intervencións dos fondos estruturais (DO L 130, 21-5-2000) e demais normativa de aplicación.

Artigo 4º Beneficiarias das axudas.
  1. Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento das accións formativas reguladas nesta convocatoria as entidades que se citan:

    1. As entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades de iniciativa social que carezan de ánimo de lucro.

    2. As centrais sindicais ou as organizacións empresariais legalmente constituídas.

    3. As empresas, exclusivamente para a formación das súas propias traballadoras.

  2. As entidades sinaladas nas letras a) e b) estarán inscritas no último día de presentación de solicitudes na área de muller do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

  3. As entidades que obteñan a concesión de axudas poderán subcontratar, por unha soa vez, a realización das accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria tendo en conta as seguintes limitacións, obrigas e requisitos:

    1. A subcontratación en ningún caso suporá un aumento do custo da acción formativa.

    2. A necesidade de subcontratación estará debidamente motivada pola entidade beneficiaria da subvención.

    3. A coordinación da acción formativa está excluída de calquera subcontratación.

    4. A subcontratación abranguerá a totalidade da acción formativa (agás a coordinación) ou unicamente a docencia.

    5. A subcontratación pola totalidade da acción formativa só poderá realizarse con centros homologados de formación ocupacional.

    6. A entidade beneficiaria en ningún caso poderá subcontratar máis de tres cursos, tendo en conta que cada subcontratación terá que realizarse con subcontratistas diferentes.

    7. A subcontratación exixe autorización previa das/os delegadas/os provinciais deste organismo que se solicitará no formulario que aparece como anexo IV. O contrato celebrarase por escrito.

    8. As entidades beneficiarias das subvencións son as responsables de que nas accións subvencionadas se respecten os límites establecidos na normativa aplicable en canto á natureza e contía dos gastos subvencionables e exixirán ás/ós subcontratistas a relación de persoal docente, os documentos acreditativos do pagamento das correspondentes retribucións, e os acreditativos do pagamento das bolsas e axudas segundo o establecido no punto 4 do artigo 7º.

    9. As/os subcontratistas están obrigadas/os a lles facilitar aos organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións formativas subcontratadas.

    10. A solicitude de calquera modificación respecto da execución da acción formativa subcontratada só poderá presentala a entidade beneficiaria da subvención.

Artigo 5º Destinatarias das accións formativas.
  1. Mulleres desempregadas que poidan acreditar esta situación segundo o establecido no artigo 20º. Terán preferencia as mulleres que desexen incorporarse á vida laboral despois dunha interrupción causada pola dificultade de compaxinar a súa vida laboral e familiar.

  2. Mulleres que exerzan unha actividade laboral, con exclusión das que presten os seus servizos en calquera...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR