Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Pola súa vez, o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, fixa a estrutura orgánica dos seus departamentos, quedando a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria configurada como se indica no seu artigo 5.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, co informe previo das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil cinco,

DISPOÑO

Artigo 1º Ámbito competencial.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a quen lle corresponden as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades; a coordinación do sistema universitario; o recoñecemento, tutela e rexistro das fundacións docentes de interese galego; e as competencias e funcións que lle atribúe o Decreto 268/2000, do 2 de novembro, polo que se crea o Museo Pedagóxico de Galicia, e o Decreto 214/2003, do 20 de marzo, polo que se modifica o Decreto 110/1999, do 8 de abril, polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional. Todo iso de conformidade co establecido na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Galicia, na Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego (modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro), na Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, na Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, na Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades, e nas leis orgánicas reguladoras do sistema educativo español.

Artigo 2º Estrutura.
  1. Para o desempeño das súas funcións a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estrutúrase nos seguintes órganos:

    1. A conselleira ou o conselleiro.

    2. A Secretaría Xeral.

    3. A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

    4. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

    5. A Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

    6. A Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia.

    7. As delegacións provinciais.

    8. Os órganos colexiados.

  2. Queda adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria como ente de dereito público, creado pola Lei 3/2002, do 29 de abril, a Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional.

  3. Son órganos colexiados da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os seguintes:

    1. O Consello Escolar de Galicia, creado pola Lei 3/1986, do 18 de decembro.

    2. O Consello Galego de Universidades, creado pola Lei 2/2003, do 22 de maio.

    3. O Consello Galego de Educación e Promoción de Adultos, creado pola Lei 9/1992, do 24 de xullo.

    4. O Consello Galego de Formación Profesional, creado polo Decreto 110/1999, do 8 de abril, modificado polo Decreto 214/2003, do 20 de marzo.

    5. A Comisión Asesora de Formación do Profesorado, creada polo Decreto 245/1999, do 29 de xullo.

Artigo 3º A conselleira ou conselleiro.

A conselleira ou conselleiro é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, desempeña e exerce as atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

Artigo 4º A Secretaría Xeral.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións determinadas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, e no Decreto 111/1984, do 25 de maio; así como aqueloutras que lle estean atribuídas pola normativa vixente e as que lle sexan delegadas ou encomendadas polo titular da consellería.

Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

  1. Subdirección Xeral de Persoal.

    Correspóndelle a esta subdirección xeral a elaboración do anteproxecto de orzamento do capítulo de persoal; a programación dos recursos persoais dos centros públicos docentes non universitarios; a xestión das accións relativas ao acceso, carreira

    docente e provisión de postos de traballo, en coordinación coas direccións xerais correspondentes por razón da materia; a xestión das retribucións do profesorado; o estudo dos recursos e reclamacións referidos a persoal e a confección das correspondentes propostas de resolución; a xestión relativa ao persoal non docente dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; e calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

    Para o desenvolvemento das súas funcións esta subdirección contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

    1. Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

      -Preparación e tramitación do concurso xeral de traslados e os procedementos selectivos de acceso ao corpo de mestres, analizando as características específicas destes postos de traballo.

      -Preparación dos expedientes de indemnización por razón de servizo.

      -Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

    2. Servizo de Profesorado de Educación Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

      -Preparación e tramitación do concurso xeral de traslados e os procedementos selectivos de acceso aos distintos corpos.

      -Preparación dos expedientes de indemnización por razón de servizo.

      -Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

    3. Servizo de Persoal non Docente.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

      -A coordinación para a confección das nóminas do persoal dependente da consellería e controlar a execución orzamentaria das delegacións provinciais nesta materia.

      -A xestión dos expedientes e as situacións administrativas do persoal funcionario non docente, tanto dos servizos centrais coma das delegacións provinciais; así como dos centros públicos dependentes delas.

      -Elaboración e xestión dos contratos, e as competencias que destes deriven, relativos ao persoal laboral dependente da consellería.

      -En xeral, a xestión, control e coordinación de todo o persoal adscrito á consellería, ben sexa de carácter laboral ou funcionario; e calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

    4. Servizo de Réxime Xurídico e Recursos

      Correspóndelle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

      -Elaboración das propostas de resolución dos recursos administrativos e reclamacións previas á vía xudicial.

      -A elaboración de informes dos expedientes de incompatibilidades

      -Proposta de resolución de expedientes disciplinarios

      -Elaboración de propostas de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial

  2. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios

    Correspóndelle a esta subdirección xeral exercer as competencias relativas á elaboración do anteproxecto de orzamento da consellería, o seu seguimento, coordinación e control, así como a proposta e xestión das súas modificacións; a xestión, o control e a coordinación dos servizos de transporte e de comedores escolares; as funcións regulamentariamente establecidas sobre prevención de riscos laborais en relación co persoal da Xunta de Galicia que presta os seus servizos nos centros docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a tramitación das publicacións da consellería ante a Comisión Permanente de Publicacións da Xunta de Galicia, e actuar como representante nesta; e, en xeral, cantas outras lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral.

    Para o desenvolvemento destas competencias contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

    1. Servizo de Xestión Orzamentaria.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

      -Confección do borrador do anteproxecto de orzamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

      -Control orzamentario das diversas unidades que compoñen a consellería.

      -A habilitación de pagamentos agás os relativos ao capítulo I.

      -Oficina orzamentaria, tramitación de expedientes de modificación de crédito.

      -Aqueloutras análogas que lle sexan encomendadas.

    2. Servizo de Recursos Educativos Complementarios.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da subdirección xeral, as seguintes funcións:

      -Programación e xestión do servizo de transporte escolar en función das necesidades dos centros docentes non universitarios, coordinando a súa actividade coa das delegacións provinciais.

      -Programación e seguimento do servizo de acompañamento no transporte escolar.

      -Xestión e coordinación dos servizos de comedor dos centros docentes dependentes desta consellería.

      -Coordinación das accións que prestan as delegacións provinciais en materia de bolsas e axudas ao alumnado de ensino non universitario dependente desta consellería.

      -Deseño e elaboración de campañas de mellora dos recursos educativos complementarios.

      -Asistir a Secretaría Xeral, xunto cos servizos de Inspección Educativa, na supervisión e control do transporte e comedores...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR