Decreto 192/2008, do 28 de agosto, polo que se modifica o Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, describe o ámbito competencial e os órganos en que se estrutura, así como as unidades con que contarán para desenvolver as súas funcións.

Así, o artigo 6 do citado Decreto 585/2005 establece que a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especias se estrutura nas seguintes unidades administrativas: Subdirección Xeral de Formación Profesional coas unidades de nivel orgánico de Servizo de Formación Profesional e Servizo de Formación en Empresas e Orientación Profesional e Subdirección Xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente, coas unidades de nivel orgánico de Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Servizo de Xestión Económica e Educación de Adultos.

A experiencia derivada da execución das funcións que este decreto lle atribúe á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais aconsella proceder a introducir modificacións nas unidades administrativas deste centro directivo e a establecer novas funcións relativas ao desenvolvemento do II Plan galego de formación profesional, como a integración dos sistemas de cualificacións e formación profesional, a calidade e a innovación na formación profesional, o recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional da poboación activa e a posta en marcha da formación profesional a distancia, entre outras.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo dos informes das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, no exercicio das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de agosto de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Modifícase o artigo 6 do Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que quedará redactado nos seguintes termos:

Artigo 6º Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Correspóndelle a esta dirección xeral a ordenación académica das ensinanzas de formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e adultos; a determinación das normas e das orientacións precisas para a súa efectividade; a emisión de informes sobre a autorización de ensinanzas; a proposta dos equipamentos e a adecuación das instalacións para as ensinanzas dependentes desta dirección xeral; a xestión das axudas procedentes do Fondo Social Europeo para a mellora do sistema de formación profesional; a xestión dos programas europeos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR