Decreto 227/2006, do 7 de decembro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas no mes de novembro en Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Téndose producido no mes de novembro do ano en curso novas inundacións que seguen a asolar o territorio da nosa comunidade autónoma, o Goberno galego, ponderando a magnitude dos feitos e as súas consecuencias, tendo en conta o principio constitucional de solidariedade e considerando as medidas adoptadas en situacións precedentes, procede á adopción de novas medidas e axudas para reparar e paliar, na medida do posible, os danos sufridos.

Na súa virtude, por proposta dos conselleiros de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, Economía e Facenda, Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Innovación e Industria, Medio Rural, Pesca e Asuntos Marítimos, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e Vivenda e Solo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de decembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

As axudas previstas neste decreto aplicaranse á reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas no mes de novembro no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos que se conteñen neste decreto e polas contías que nel e nas

correspondentes ordes de convocatoria que o apliquen se establezan.

Os termos municipais e núcleos de poboación afectados aos que concretamente lles sexan de aplicación as ditas axudas fixaranse nas citadas ordes.

Artigo 2º Natureza das axudas.
  1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, nacional ou internacional, do que poidan ser beneficiarios os afectados, agás no caso de axudas para falecemento ou incapacidade en que terán carácter concorrente.

  2. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas neste decreto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos, procedentes de sistemas públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido.

Artigo 3º Réxime xurídico.
  1. O procedemento de concesión rexerase polo establecido no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR