Decreto 236/2007, do 5 de decembro, polo que se crea o Centro Social de Cangas, no concello de Cangas, Pontevedra.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

O artigo 27.23º do Estatuto de autonomía para Galicia, en concordancia co artigo 148.1º 20 da Constitución española, establece a competencia exclusiva da comunidade autónoma no ámbito da asistencia social.

En virtude desa atribución competencial, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, pola que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servizos sociais como servizo público da Comunidade Autónoma de Galicia, estruturado en dous niveis de atención, primaria e especializada.

A dita norma veu regular os servizos sociais de atención primaria e especializada dirixidos a toda a poboación, e establece determinados programas e equipamentos, entre os que figuran os centros sociais de uso polivalente, encamiñados ao desenvolvemento de programas dirixidos á poboación dun ámbito territorial determinado.

En desenvolvemento da lei, e co fin de garantir a axeitada prestación dos servizos, acreditar a calidade da atención e recoñecer os dereitos e deberes dos usuarios, aprobouse o Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais. Esta disposición regula a obrigatoriedade de obter autorización administrativa previa para a creación ou modificación dos equipamentos sociais, así como para o inicio ou cesamento das súas actividades, especificando os requisitos xerais que eles deben cumprir.

Neste senso, segundo o disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, de servizos sociais e o artigo 6 do Decreto 143/2007, para a creación de centros de servizos sociais propios da Administración autonómica, será necesaria unha norma con rango de decreto.

Por todo o anterior, e facendo uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, modificada polas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR