Decreto 566/2005, do 15 de decembro, polo que se transforma o centro de educación primaria Príncipe Felipe do concello de Pontevedra en centro de educación infantil e primaria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 31 establece a competencia plena da Comunidade Autónoma galega para o regulamento e administración do ensino, e o artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, atribúelle a esta as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión.

De conformidade coa Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, e atendendo ao disposto no Real Decreto 1537/2003, do 5 de decembro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral, faise precisa a transformación do centro público de educación primaria Príncipe Felipe de Pontevedra nun centro de educación infantil e primaria.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro do artigo 17 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, o artigo 1.2º do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de decembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Transfórmase o centro público de educación primaria Príncipe Felipe do concello de Pontevedra (código...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR