Decreto 267/2007, do 28 de decembro, polo que se modifica a ordenación urbanística provisional do termo municipal de Ponteareas (Pontevedra).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O Decreto 207/2002, do 20 de xuño (DOG nº 119, do 21 de xuño; corrección de erros no DOG nº 127, do 3 de xullo), dispuxo a suspensión, para a súa revisión, das normas subsidiarias de planeamento municipal de Ponteareas, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 11 de maio de 1995, establecendo a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

A nova Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na súa disposición transitoria primeira, número 2, establece que os decretos autonómicos de suspensión do planeamento urbanístico que foron ditados antes da entrada en vigor desta lei, como é o caso do Decreto 207/2002, manterán a súa plena eficacia ata a aprobación definitiva do correspondente Plan Xeral de Ordenación Municipal, coas seguintes especificacións:

  1. Ao solo urbano aplicaráselle o réxime establecido na Lei 9/2002, para o solo urbano e a ordenación provisional establecida nos correspondentes decretos.

  2. No solo apto para urbanizar e no solo non urbanizable será de aplicación integramente o disposto na Lei 9/2002, para o solo rústico.

  3. Nos núcleos rurais tradicionais delimitados será de aplicación o disposto na Lei 9/2002, para o solo de núcleo rural.

A ordenación urbanística provisional contida no Decreto 207/2002, foi modificada polo Decreto 180/2004, do 29 de xullo (DOG número 148, do 2 de agosto) e posteriormente polo Decreto 319/2004, do 29 de decembro (DOG número 10, do 17 de xaneiro de 2005).

A Corporación municipal de Ponteareas, en sesión plenaria do 15 de xuño de 2006, acordou solicitar da Xunta de Galicia a modificación da ordenación provisional contida no decreto de suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal, co fin de permitir a construción dun aparcadoiro subterráneo na praza de Bugallal, no solo urbano de Ponteareas.

A proposta municipal considérase xustificada ante a falta de previsión de espazos destinados a aparcadoiros públicos e aos problemas de conxestión de tráfico -que xa se poñen de manifesto no preámbulo do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR