Decreto 260/2006, do 28 de decembro, polo que se crea a sociedade pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. e se aproban os seus estatutos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O artigo 27.10º do estatuto establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en montes, aproveitamentos forestais e naturais, sen prexuízo do disposto no artigo 149.1º.23 da Constitución.

As actividades que, en desenvolvemento das devanditas competencias, exerce a Administración galega son múltiples e complexas e requiren de instrumentos de xestión que contribúan a mellorar a xestión dos poderes públicos no sector forestal.

A posibilidade da constitución de sociedades públicas como medio de execución das funcións que lle son propias, está prevista no artigo 55.2º do Estatuto de autonomía. Así mesmo, o artigo 45 da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio de Galicia regula a forma de constituír estas sociedades.

O presente decreto autoriza a creación, como medio propio da Administración dunha sociedade pública que terá por obxecto, principalmente, a realización de todo tipo de actuacións, obras, traballos e prestación de servizos en materias forestais, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais en particular e, en xeral, intervencións de carácter urxente relacionadas cos lumes forestais.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente; así como nos artigos 45 e seguintes da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de acordo igualmente co Real decreto lei 1564/1989, do 22 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades anónimas, e por proposta do conselleiro de Economía e Facenda logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de decembro de dous mil seis.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a creación, ao abeiro do artigo 55.2º do Estatuto de autonomía, e de conformidade co previsto no artigo 45.1º e 3º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, da sociedade pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

Artigo 2º

O capital fundacional que será subscrito e desembolsado integramente pola Comunidade Autónoma de Galicia cífrase nun millón de euros (1.000.000 A).

Artigo 3º

Apróbanse os estatutos da sociedade pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Consellería de Economía e Facenda para dictar as normas necesarias para a execución, desenvolvemento e aplicación do presente decreto e para a realización de todos os actos precisos para a constitución da sociedade pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, vinte e oito de decembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda

Estatutos

TÍTULO I

Denominación, obxecto, duración e domicilio

Artigo 1º Denominación e normativa.
  1. Coa denominación Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), constitúese unha sociedade pública autonómica das previstas no artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/1999, que se rexerá ademais pola Lei de sociedades anónimas, polos presentes estatutos e polas disposicións legais que en cada momento lle sexan aplicables.

  2. Para o desenvolvemento da súa actividade, esta empresa pública está suxeita sempre ao disposto na sección terceira do capítulo segundo do título primeiro da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas en que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación e a calquera outra disposición que lle sexa aplicable polo seu propio carácter público. Na súa actuación contractual estará suxeita ao disposto na lexislación básica sobre contratación administrativa para as sociedades públicas.

  3. Así mesmo, seranlle aplicables a normativa relativa á transparencia de relacións financeiras entre as administracións públicas e as empresas públicas dependentes delas.

Artigo 2º Obxecto social.
  1. A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) ten por obxecto:

    1. A realización de todo tipo de actuacións, obras, traballos e prestación de servizos en materias forestais, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais en particular e, en xeral, aquelas actividades, obras e servizos que requiran as intervencións de carácter urxente, relacionadas coas devanditas materias.

    2. A elaboración, por iniciativa propia ou por instancia de terceiros, de estudos, plans, proxectos e calquera tipo de consultoría e de asistencia técnica e formativa en materia forestal e de prevención de lumes forestais.

    3. A promoción, desenvolvemento e adaptación de novas técnicas, equipamento e sistemas para a pre

      vención e xestión de situacións derivadas dos incendios forestais.

    4. A realización daquelas actuacións, obras, traballos e prestación de servizos en materias agrícolas, gandeiras e de desenvolvemento rural que de forma taxativa lle sexan encomendadas pola Xunta de Galicia.

      Así mesmo, poderá comercializar os produtos derivados daquelas tarefas agrarias, gandeiras ou forestais, que con carácter determinado poida desenvolver por encomenda da Xunta de Galicia.

  2. O obxecto social poderá ser realizado pola empresa pública, xa directamente, xa indirectamente, mesmo mediante a titularidade de accións ou participacións en sociedades con obxecto idéntico ou análogo.

Artigo 3º Duración.

A duración da empresa pública será ilimitada.

Artigo 4º Comezo de operacións.

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) dará comezo as súas operacións o mesmo día do outorgamento da escritura fundacional.

Artigo 5º Domicilio e sucursais.

O domicilio social radicará necesariamente en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e fíxase na cidade de Santiago de Compostela.

O Consello de Administración está facultado para variar o domicilio social dentro da mesma capital, así como para establecer, modificar ou suprimir oficinas, sucursais e axencias, representacións ou dependencias en calquera lugar, co cometido, facultades e modalidades de funcionamento que o propio consello determine.

TÍTULO II

Capital social e accións

Artigo 6º Capital social.

O capital social é de 1.000.000 de euros.

Artigo 7º Accións

Desembolso.

O capital social está representado por 1.000 accións nominativas, de mil euros de valor nominal cada unha, numeradas correlativamente da 1 á 1.000, ambas inclusive, totalmente subscritas e desembolsadas.

Artigo 8º Título da acción

Condición de socio.

As accións que se emitan como contravalor das achegas patrimoniais á empresa pública serán nominativas en todo caso, sen que se poida modificar a natureza dos devanditos títulos.

As accións estarán representadas por títulos que poderán ser unitarios ou múltiples. Tales títulos, así como, se é o caso, os comprobantes provisionais que se puidesen emitir, deberán reunir os requisitos exixidos pola Lei de sociedades anónimas e o Regulamento do Rexistro Mercantil. Uns e outros pro

cederán de libros- talonarios, e deberán estar autorizados coas sinaturas do presidente e dun conselleiro, as cales poderán ser estampadas mediante reprodución mecánica na forma prevista legalmente.

A acción confírelle ao seu titular lexítimo a condición de socio, e implica para este o pleno e total acatamento do disposto nos presentes estatutos e nos acordos validamente adoptados polos órganos reitores da empresa pública, ao mesmo tempo que o faculta para o exercicio dos dereitos inherentes á súa condición, conforme os estatutos e a lei.

Para todos os efectos, as accións considéranse domiciliadas no lugar onde a compañía teña o seu enderezo social.

Artigo 9º Libro rexistro de accións.

As accións figurarán nun libro rexistro que levará a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR