Decreto 432/2003, do 5 de decembro, polo que se regula a construcción, explotación e conservación do treito Alto de Santo Domingo-A52 da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense pola Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense e se establecen os termos da xestión.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

A Xunta de Galicia persegue dota-lo seu territorio dunha ampla rede de infraestructuras viarias que posibilite a súa mellor estructuración e articulación interior. Entre estas infraestructuras viarias atópase o eixe que une Santiago de Compostela e Ourense, considerado pola Xunta de Galicia como fundamental para equilibra-lo sistema viario intrarrexional.

Por outra banda, para acada-los seus obxectivos, a Xunta de Galicia articula os mecanismos necesarios para establece-la colaboración entre as diferentes administracións e coordina-los intereses públicos coas iniciativas privadas, para impulsa-la realización das infraestructuras pendentes.

Desta forma, tralo acordo entre as administracións autonómica e central para a construcción dunha autoestrada entre Santiago de Compostela e Ourense, plasmado coa sinatura dun convenio de colaboración

o 27 de febreiro de 1997, o Ministerio de Fomento abordou a execución dun primeiro treito da autoestrada, entre Santiago de Compostela e o Alto de Santo Domingo, mediante a adxudicación dunha concesión administrativa para a súa construcción, conservación e explotación.

O interese da Xunta de Galicia por acometer de maneira inmediata o treito restante, levou a ámbalas dúas administracións a subscribir un segundo acordo o pasado 23 de decembro de 2002, polo que a Xunta de Galicia se comprometía a acomete-la continuación da autoestrada desde o Alto de Santo Domingo ata a conexión coa autovía A-52, rematando así a articulación do eixe Santiago de Compostela-Ourense.

Para iso, a Xunta de Galicia optou por un modelo de construcción e xestión que permita facer fronte ás necesidades financeiras derivadas destas actividades, destinando para este fin os recursos que tal infraestructura xere a través do correspondente prezo aboado polos seus usuarios e polas achegas da Xunta de Galicia calculadas en función dos usuarios da infraestructura.

En consecuencia, ó amparo do establecido nos artigos 23 e 25 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, trala súa recente modificación pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo, e, en virtude

do establecido na disposición adicional sétima da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, a construcción, conservación e explotación do treito da autoestrada entre Alto de Santo Domingo e a A-52 levarase a cabo mediante unha sociedade pública participada integramente pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Con este obxecto, e segundo o establecido no artigo 25.3º da Lei 4/1994, de estradas de Galicia, establécense os termos da constitución desta sociedade, mediante o Decreto 254/2003, do 24 de abril, modificado polos decretos 310/2003, do 11 de xullo, e 400/2003, do 6 de novembro, e, créase a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A., que ten por obxecto social: a construcción, conservación e explotación da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, treito Alto de Santo Domingo-A52, incluídas as actividades dirixidas á explotación das áreas de servicio, centros de transporte e aparcamentos e calquera outra actividade, directa ou indirectamente relacionada coa súa conservación e explotación, sempre que se atopen dentro da área de influencia da autoestrada, así como as actividades que sexan complementarias da construcción, conservación e explotación dela.

Adicionalmente, de conformidade co artigo 25.3º da Lei 4/1994, de estradas de Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, mediante decreto, debe regula-los termos da xestión da infraestructura, termos que se recollen no presente decreto.

En consecuencia, en virtude do presente decreto, da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, e do Decreto 254/2003, do 24 de abril, a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A. realizará as actividades de construcción, explotación e conservación do treito Alto de Santo Domingo-A52 da autoestrada A-53, e establécense os termos xerais da xestión.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión de día cinco de decembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º Atribucións.

De conformidade co disposto nos artigos 23 e 25 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A., en diante ASDO, constituída segundo o disposto na disposición adicional sétima da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, realizará as actividades de construcción, explotación e conservación, do treito Alto de Santo Domingo-Ourense da autoestrada A-53, Santiago de Compostela-Ourense, cos puntos de orixe e fin, localización de enlaces, ramais, área de servicio e estacións de cobramento recollidos,

e/ou previstos, no proxecto de trazado, de clave OU/03/042.01, aprobado pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de agosto de 2003, e de acordo coas prescricións impostas por esta consellería ó mencionado proxecto no acto de aprobación, que serán de obrigado cumprimento para ASDO, de forma que a autoestrada enlace no seu inicio co treito Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo da A-53, dando...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR