Decreto 452/2003, do 26 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Arteixo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de beirarrúas da marxe esquerda da estrada provincial 0507 desde A Ermida á Pertegaza (Lañas).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Arteixo, en sesión do día catro de setembro de dous mil tres, aprobou o proxecto de beirarrúas da marxe esquerda da estrada provincial 0507 desde A Ermida á Pertegaza (Lañas) e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Arteixo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día doce de decembro de dous mil tres.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día tres de decembro de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a actuación é necesaria para dotar de beirarrúas e servicios urbanísticos un tramo da vía no que se concentra un gran tránsito tanto de vehículos como peonil, sendo cada vez máis intenso debido ó crecemento dos núcleos de poboación cos que esta comunica, e no que se están a producir altos índices de sinistralidade e atropelos, que se verían reducidos coa dotación das beirarrúas, supresión de barreiras arquitectónicas e cunha boa sinalización e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR