Decreto 235/2006, do 7 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Láncara, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de pavimentación e dotación de servizos básicos na rúa Rosalía de Castro á vía férrea, lindeira coa praza pública.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Láncara, en sesión celebrada o día vinte e sete de xuño de dous mil cinco, aprobou o proxecto de pavimentación e dotación de servizos básicos na rúa Rosalía de Castro á vía férrea, lindeira coa praza pública e, na sesión do nove de outubro de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

O dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

O expediente foi tratado na comisión de secretarios xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

O expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, a actuación é necesaria para evitarlles aos peóns, tendo en conta, en especial, o elevado número deles de idade avanzada, o risco de sufrir danos e accidentes, nunha rúa altamente poboada e cun tráfico rodado frecuente e fluído, e que se ven obrigados a utilizar un tramo cuxa calzada non reúne as condicións de seguridade axeitadas, ao non dispoñer de beirarrúas adecuadas, nin iluminación pública; ademais acadaríase a implantación de servizos esenciais urbanísticos, destacando o saneamento, o abastecemento de auga potable, a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR