Decreto 356/2002, do 5 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Lalín (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a adquisición dos terreos necesarios para a construcción do futuro Colexio Manuel Rivero.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

O Concello de Lalín, en sesión celebrada o día vinteseis de marzo de dous mil dous, aprobou o proxecto de adquisición dos terreos necesarios para construcción do futuro Colexio Manuel Rivero e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do concello foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día catorce de novembro de dous mil dous.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. Este informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día vinteseis de novembro de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, o actual Colexio Manuel Rivero foi construído a principios dos anos 60, non cumprindo hoxe en día tanto o edificio en si como o resto das instalacións complementarias, as mínimas condicións que tanto na lexislación educativa como a que se refire ás condicións da edificación esixen para garantir tanto a correcta formación dos alumnos como a súa seguridade e accesibilidade, sen que a actual localización do colexio, en pleno núcleo urbano, permita a súa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR