DECRETO 103/2015, do 15 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2016.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyDecreto

O artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, determinan o calendario de festas laborais de ámbito estatal, de carácter retribuído e non recuperable. Respecto dalgunhas destas festas de ámbito estatal as comunidades autónomas teñen facultades de opción e de substitución por outras que por tradición lles sexan propias, e tamén poderán substituír, cando haxa festas estatais que coincidan con domingo, incorporando outras da comunidade autónoma que lles sexan tradicionais.

Conforme o referido anteriormente, e facendo uso das facultades de opción e substitución, óptase polo 25 de xullo, festa de Santiago Apóstolo, como Día Nacional de Galicia, e por coincidir en domingo substitúense os días 1 de maio Festa do Traballo e 25 de decembro día de Nadal polos días 17 de maio, Día das Letras Galegas e 24 de xuño, día de San Xoán, respectivamente.

Segundo o establecido na Constitución española e no artigo 29.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia, na súa virtude e facendo uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, consultado o Consello Galego de Relacións laborais, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do quince de xullo de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1 Festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016

Ademais das festas de ámbito estatal que se sinalen, para o ano 2016 decláranse festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter retribuído e non recuperable, as seguintes:

17 de maio: Día das Letras Galegas.

24 de xuño: Día de San Xoán.

25 de xullo: Día Nacional de Galicia.

Artigo 2 Festas locais

Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR