DECRETO 107/2015, do 9 de xullo, sobre a distribución de competencias na aplicación e control das normas da condicionalidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyDecreto

A reforma da Política Agrícola Común (PAC) do ano 2003 introduciu o concepto de condicionalidade, que incluía as boas condicións agrarias e ambientais da terra e os requisitos legais de xestión en materia de ambiente, saúde pública, zoosanidade e fitosanidade, e benestar animal.

Para o período 2014-2020, o sistema da condicionalidade xunto cos pagamentos directos «verdes» e as medidas de desenvolvemento rural relativas ao ambiente, constitúen un conxunto de medidas máis integradas e que permiten unha actividade máis respectuosa co ambiente.

O Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008, establece no seu artigo 92 que o cumprimento da condicionalidade se aplicará aos beneficiarios que reciban pagamentos directos en virtude do Regulamento (UE) nº 1307/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen as normas aplicables aos pagamentos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da política agrícola común, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 637/2008 e (CE) nº 73/2009; pagamentos en virtude dos artigos 46 e 47 (axudas á reconversión e reestruturación do viñedo e á colleita verde, respectivamente) do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á organización común de mercados dos produtos agrarios, e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2011 e (CE) nº 1234/2007; e as primas anuais en virtude dos artigos 21, punto 1, letras a) e b), 28 a 31, 33 e 34 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005.

Non obstante, as normas da condicionalidade non se aplicarán aos beneficiarios que participen no réxime para os pequenos agricultores a que se refire o título V do Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Tampouco se aplicará á axuda a que se refire o artigo 28, punto 9, do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (axudas para a conservación e para o uso e desenvolvemento sustentables dos recursos xenéticos na agricultura).

O Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural, ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola, establece as boas condicións agrarias e ambientais da terra e sinala os requisitos legais de xestión que deben cumprir os citados beneficiarios.

O Decreto 106/2007, do 31 de maio, distribúe as competencias na aplicación e control da condicionalidade en relación ao desenvolvemento rural e ás axudas directas da política agrícola común na Comunidade Autónoma de Galicia.

En vista das modificacións introducidas pola normativa comunitaria e nacional, considérase necesario derrogar o citado decreto, actualizando os procedementos e responsabilidades de control na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na elaboración desta disposición consultáronse os diferentes organismos especializados de control da condicionalidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xullo de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto
  1. O obxecto deste decreto é precisar os órganos competentes para desenvolver as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR