DECRETO 109/2017, do 28 de setembro, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 daquela, o desenvolvan; das facultades que lle atribúe ao Estado o número 30 do punto 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, configura no seu artigo 3 as ensinanzas deportivas como ensinanzas de carácter especial e regula estas nos artigos 63 a 65. Segundo o artigo 63.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o currículo das ensinanzas deportivas axustarase ás exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional e ao establecido no número 3 do artigo 6.bis da lei orgánica. E, de conformidade co artigo 64.5, o Goberno, tras a consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

Desenvolvendo as previsións da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en materia de ensinanzas deportivas, aprobouse o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, cuxo artigo 5 define a organización básica das ensinanzas deportivas tomando como base as modalidades deportivas e, de ser o caso, as súas especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes e de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, e o artigo 16.3 do citado real decreto que dispón como as administracións competentes establecerán o currículo das modalidades e, de ser o caso, as especialidades deportivas, de acordo co previsto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta a realidade do sistema deportivo no territorio da súa competencia coa finalidade de que as ensinanzas deportivas respondan ás súas necesidades de cualificación.

Neste sentido o Goberno da nación aprobou o Real decreto 981/2015, do 30 de outubro, polo que se establecen os títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, e se fixan o seu currículo básico e os requisitos de acceso. O capítulo III deste real decreto concretou o perfil profesional dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, que queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, polas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e polo ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 981/2015, do 30 de outubro, o perfil profesional dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, e aqueles outros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral na Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e contextualización dos contidos dos módulos de ensino deportivo incluídos nos ciclos inicial e final, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra banda, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu ámbito, empregando, de ser o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa vixente, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional de cada ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configúranse para dotar o alumnado dos coñecementos suficientes para permitirlle o exercicio competente das funcións do seu perfil profesional. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do piragüismo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR