DECRETO 11/2019, do 7 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

No Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 31 de marzo de 2017, publicouse o Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda (corrección de erros no Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 17 de abril).

No Diario Oficial de Galicia núm. 247, do 28 de decembro de 2018, publicouse a Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que recolle, no seu artigo 7, a modificación do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. Con esta modificación engádese ao citado texto refundido un novo artigo 50 bis relativo á oficina orzamentaria, en que se prevé que, no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cada sección orzamentaria, baixo a dependencia da correspondente secretaría xeral técnica, se identificará un órgano, con nivel mínimo de servizo, que desenvolverá as funcións previstas no citado artigo, sen prexuízo daqueloutras que poidan establecerse nos decretos de estrutura orgánica.

Por outra banda, no Diario Oficial de Galicia núm. 185, do 27 de setembro de 2018, publicouse o Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. En consecuencia, tendo en conta a modificación da denominación dalgunhas consellerías e a creación da Consellería de Cultura e Turismo, cómpre modificar o Decreto 30/2017 para adaptar a estrutura orgánica da Consellería de Facenda á estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Así mesmo, no Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 28 de xaneiro de 2019, publicouse a Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia. Tendo en conta as actuacións previstas nos acordos acadados coas organizacións sindicais e para abordar as novas competencias da Dirección Xeral da Función Pública, procédese á reestruturación da dita dirección xeral, coa modificación e creación de prazas, prevéndose a amortización doutras.

Pola súa banda, na Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos realízase unha nova distribución de funcións coa conseguinte supresión e creación de dúas xefaturas de servizo.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de febreiro de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda

O Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, queda modificado como segue:

Un. O artigo 5.2.4 queda redactado do seguinte xeito:

5.2.4. A Subdirección Xeral de Estudos, con dependencia funcional da persoa titular da consellería, que realizará as seguintes funcións:

– Apoio técnico á persoa titular da consellería no ámbito da súa competencia.

– Elaboración de análises, estudos e estatísticas que resulten necesarios para a dirección das políticas propias da Consellería.

– Elaboración de programas derivados de convenios de colaboración con outros organismos e participación na elaboración e execución dos programas estatísticos que formen parte do sistema integrado de contas económicas de Galicia.

– Definición e coordinación da formación do seu persoal nas materias relacionadas coa política económica, orzamentaria, coas técnicas de previsión económica, así como dos estudos estatísticos e coas demais materias de coñecemento imprescindibles para un adecuado exercicio das súas competencias.

– Calquera outra que lle encomende a persoa titular da Consellería.

.

Dous. O artigo 6.2.2 queda redactado do seguinte xeito:

6.2.2. O Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario, que terá a consideración de oficina orzamentaria e que realizará as seguintes funcións:

– A xestión económica da Consellería.

– A tramitación económico-administrativa dos expedientes de gasto e as propostas de pagamento.

– A coordinación do anteproxecto de orzamentos da Consellería e o control e seguimento da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR