DECRETO 116/2017, do 2 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do semienlace de acceso ao polígono industrial de Areas-Tui, desde a VAC Tui-A Guarda, treito I, no concello de Tui (clave PO/03/009.01.1.1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes.

Primeiro. Por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 18 de marzo de 2016 aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado do semienlace de acceso ao polígono industrial de Areas-Tui, desde a VAC Tui-A Guarda, treito I, de clave PO/03/009.01.1.1.

Segundo. Con data do 6 de maio de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 86) o Anuncio do 28 de abril de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado do semienlace de acceso ao polígono industrial de Areas-Tui, desde a VAC Tui-A Guarda, treito I, de clave: PO/03/009.01.1.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente, e tras a análise das certificacións presentadas, o 27 de xuño de 2016 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado do semienlace de acceso ao polígono industrial de Areas-Tui, desde a VAC Tui-A Guarda, treito I, de clave: PO/03/009.01.1.1.

Este proxecto ten por obxecto definir o trazado do semienlace de acceso ao polígono de Areas (Tui), desde a vía de alta capacidade Tui-A Guarda, aproveitando o paso inferior existente nela. O dito semienlace permite a comunicación directa do polígono cara as distintas vías de alta capacidade, comunicando este cunha ampla zona xeográfica comprendida entre Galicia e Portugal.

As obras previstas comprenden a construción de dúas glorietas en ambas as marxes da autovía, unidas a través do paso inferior; delas parte o ramal de acceso á autovía e remata no ramal de saída dela. Tamén se canalizará a canle do regato San Martiño e restituiranse os camiños de servizo afectados, co fin de establecer unha continuidade neles.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR