DECRETO 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece o artigo 27.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, ten competencia exclusiva, entre outras, en materia de ordenación do territorio e do litoral.

O Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no seu artigo 1 crea a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao cal corresponden, entre outras, as competencias e funcións en materia de ordenación do territorio consonte o establecido no artigo 1 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica desta consellería.

Segundo a disposición adicional primeira do citado Decreto 129/2015, do 8 de outubro, o Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo dos regulados na sección 2ª do capítulo II do título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, adscríbese directamente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. No mesmo senso se pronuncia o artigo 3.1.c) do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A disposición derradeira primeira da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, modifica o punto 4 do artigo 9 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, establecendo que corresponde ao Instituto de Estudos do Territorio a elaboración dos catálogos da paisaxe. No mesmo senso, a disposición derradeira segunda modifica o artigo 10 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, e establece entre as funcións do Instituto de Estudos do Territorio a de delimitar as grandes áreas paisaxísticas sobre as cales se desenvolverán os catálogos da paisaxe e elaborar os catálogos da paisaxe de Galicia.

A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, ten por obxecto o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, entendendo que a paisaxe ten unha dimensión global de interese xeral para a comunidade galega, conforme o Convenio Europeo da Paisaxe, aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 por proposta do Consello de Europa, que entrou en vigor o 1 de marzo de 2004, e foi ratificado polo Estado español mediante Instrumento do 28 de xaneiro de 2008.

O artigo 5 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, establece que os poderes públicos de Galicia velarán para que, no ámbito das súas competencias, se adopten as medidas específicas necesarias para a protección, xestión e ordenación da paisaxe e, no seu capítulo III, establece os instrumentos para conseguilo. Entre eles, os catálogos da paisaxe, definidos no seu artigo 9 como os documentos de referencia que, apoiándose nas distintas áreas xeográficas, morfolóxicas, urbanas e litorais existentes no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR