DECRETO 12/2016, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o cambio de titularidade dos terreos dedicados a área de descanso sitos no p.q. 3+380 da estrada AC-841 Santiago de Compostela (SC-11)-A Estrada, a prol do Concello de Teo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Teo solicita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade dos terreos dedicados a área de descanso sitos no p.q. 3+380 da estrada AC-841 Santiago de Compostela (SC-11)-A Estrada, co obxecto de destinar os ditos bens públicos a fins de interese social.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos terreos dedicados a área de descanso sitos no p.q. 3+380 da estrada AC-841 a prol do Concello de Teo.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de xaneiro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello de Teo dos terreos dedicados a área de descanso sitos no p.q. 3+380 da estrada AC-841 Santiago de Compostela (SC-11)-A Estrada.

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Teo deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire o presente decreto.

Así mesmo, deberá de levar a cabo as actuacións necesarias ante os organismos oficias correspondentes para regularizar a titularidade do terreo obxecto de cesión.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR