DECRETO 12/2018, do 25 de xaneiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito A Barcia-Roxos (punto quilométrico 1+800-4+150), no concello de Santiago de Compostela (clave AC/16/089.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 19 de abril de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 75) o Anuncio do 5 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito A Barcia-Roxos, p.q. 1+800-4+150, de clave AC/16/089.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Após a análise das alegacións, informes e certificacións presentadas, o 8 de xaneiro de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción Itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito A Barcia-Roxos,p.q. 1+800-4+150, de clave AC/16/089.06.

O dito proxecto construtivo ten por obxecto a execución dun itinerario mixto (peonil e ciclista) na marxe dereita da estrada AC-543 coa finalidade de acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado diario que actualmente existe entre os lugares da Barcia e Roxos, ambos no concello de Santiago de Compostela, de xeito que a poboación dos devanditos núcleos empreguen a senda para os seus desprazamentos cotiáns en lugar do vehículo particular e contribúan deste xeito a unha redución das emisións de carbono, ao mesmo tempo que se contribúe á mellora da seguranza viaria neste treito da referida estrada.

O itinerario considerado está deseñado en toda a súa lonxitude para albergar un largo máximo de 3,34 m; distribuídos do seguinte xeito: zona destinada ao tránsito peonil e ciclista de largo mínimo 1,80 m (aínda que se intentan acadar os 2 m na máxima lonxitude posible) e separador vexetal de largo entre 50 e 90 cm (variable ao longo do trazado), que permite dar maior amplitude ao espazo destinado ao tránsito e separar o itinerario da calzada, delimitado este por dous bordos de formigón (de aproximadamente 22 cm de largo).

O itinerario proxectado é na súa maior parte de formigón coloreado, agás nos treitos comprendidos entre os p.q. 1+890-1+960, nos cales se aplicará un slurry de cor, a base de resinas sintéticas, sobre o pavimento asfáltico existente, e entre os p.q. 1+960-1+970 e 2+012-2+043, nos cales a senda se executará cun solo estabilizado.

Doutra banda, no treito comprendido entre os p.q. 1+970-2+012, executarase unha pasarela de madeira de aproximadamente 2 m de largo, co fin de salvar un regato existente.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións complementarias á execución da senda e que son...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR