DECRETO 12/2019, do 7 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Rango de LeyDecreto

O artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece que as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poidan ser cubertas cos efectivos de persoal existentes serán obxecto de oferta de emprego público.

O artigo 12.2 da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, prevé que para dar cumprimento aos obxectivos sobre a estabilización do persoal no emprego público, dentro dos acordos asinados pola Administración xeral do Estado e pola Administración xeral da Comunidade Autónoma, aplicaranse as disposicións que se establezan na normativa básica do Estado.

O artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, prescribe que, ademais do establecido no artigo 19.un.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, se autoriza unha taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que incluirá as prazas de natureza estrutural que, estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompida polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. Establece tamén que as ofertas de emprego que articulen estes procesos de estabilización, deberán aprobarse e publicarse nos respectivos diarios oficiais nos exercicios 2018 a 2020 e serán coordinados polos departamentos ministeriais competentes.

Polo anterior, e tendo en conta a planificación educativa e as vacantes que durante o ano 2018 se produciron nos distintos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e as prazas de estabilización de emprego temporal que se ofertan neste ano 2019, cómpre a aprobación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR