DECRETO 120/2018, do 6 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da PO-531 na Devesa, segunda fase, clave PO/17/001.06, no concello de Pontevedra.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 21 de decembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 241) o Anuncio do 12 de decembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da PO-531 na Devesa, segunda fase, clave PO/17/001.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, certificados e informes presentados, o 14 de agosto de 2018 aprobouse o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da PO-531 na Devesa, segunda fase, clave PO/17/001.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto mellorar a estrada PO-531, xa que presenta unha intensidade media diaria de tráfico moi alta, e ademais atravesa e dá acceso a varios núcleos de poboación e a polígonos industriais dos municipios de Pontevedra e Barro. Todo isto provoca continuos cruces de vía, risco de accidentes de tráfico e inseguridade viaria. Este proxecto contempla a mellora da seguridade viaria no treito comprendido entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+250, no núcleo da Devesa.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do apartado dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR