DECRETO 124/2016, do 8 de setembro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 37/2006, do 2 de marzo, regula o procedemento para a provisión con carácter temporal de postos reservados tanto ao persoal funcionario (artigo 23 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia) como ao persoal laboral (artigo 27 da Lei 2/2015, do 29 de abril).

A finalidade última da dita regulación era satisfacer as necesidades transitorias de persoal de maneira eficiente evitando demoras e sobrecustos derivados das seleccións falidas. Para conseguir deste obxectivo establecéronse rigorosas exixencias de dispoñibilidade ás persoas aspirantes e penalizacións pola súa inobservancia.

O número actual de integrantes das listas, a mellora de recursos informáticos á disposición da Administración e a xeneralización do acceso dos cidadáns ás novas tecnoloxías de comunicación permiten agora flexibilizar esas exixencias sen menoscabo da eficiencia da xestión, o que constitúe a principal modificación introducida por este decreto.

Aprovéitase esta modificación para suprimir as comisións permanentes provinciais, nunca constituídas a pesar da previsión regulamentaria, e para modificar a composición e funcións da comisión permanente central.

Así mesmo, en prol da protección das persoas con discapacidade, introdúcese a posibilidade de que estas persoas poidan renunciar ao posto que ocupan cando a súa discapacidade impida ou limite substancialmente o desempeño das funcións do posto, o que non suporá a súa penalización consistente na exclusión temporal dos chamamentos.

A disposición derradeira primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, autoriza o Consello da Xunta de Galicia para ditar as normas de carácter regulamentario necesarias para o desenvolvemento e a aplicación desta lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Facenda, co informe favorable da Comisión de Persoal, de acordo co Consello Consultivo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de setembro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia

O Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, queda modificado como segue:

Un. O artigo 2 queda redactado como segue:

Artigo 2. Modalidades de vinculación

As modalidades de vinculación que se aplicarán serán as seguintes:

1. Para a cobertura dos postos reservados a persoal funcionario, o nomeamento previsto no artigo 23 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Para a cobertura de postos reservados a persoal laboral, as modalidades contractuais previstas no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, e preferentemente o contrato de interinidade

.

Dous. O artigo 4 queda redactado como segue:

Artigo 4. Órgano competente para a elaboración e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR