DECRETO 126/2017, do 17 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Actuacións de mellora na estrada PO-235, 1ª fase, de clave PO/15/058.10.1, no concello da Lama.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Primeiro. Con data do 10 de novembro de 2017 aprobouse definitivamente o proxecto de construción Actuacións de mellora na estrada PO-235, 1ª fase, de clave PO/15/058.10.1, conforme o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

Este proxecto ten por obxecto levar a cabo as actuacións de alarga e mellora da estrada PO-235, entre os núcleos de Antas e Seixido, no concello da Lama. Todo isto persegue mellorar a seguranza viaria e a calidade de vida dos cidadáns.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións:

– Ampliación transversal dos pontóns situados nos pp.qq. 15+630 e 17+300, ademais do acondicionamento e mellora das curvas de acceso aos ditos pontóns.

– Acondicionamento da vía existente desde a saída do pontón no p.q. 17+300 ata o final do treito no núcleo de Seixido no p.q. 17+898.

– Ampliación da plataforma, estendendo no firme unha nova capa de rodadura e ampliándoo lateralmente.

– Para a drenaxe da plataforma procederase ao revestimento das cunetas e variarase naqueles treitos onde se mellora o trazado.

– Reposición da rede de saneamento no núcleo de Seixido.

– Disposición da sinalización horizontal, vertical e de balizamento e defensas, completando en varios treitos a mellora da visibilidade cunha berma de despexe.

Segundo. Os terreos para executar a obra foron postos á disposición polo Concello da Lama, que obtivo estes terreos por cesión voluntaria.

No entanto, existen catro parcelas que, por non teren titular coñecido, non puideron ser postas á disposición, o que motiva a expropiación.

A competencia para a execución da expropiación forzosa no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado con itinerarios...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR