DECRETO 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

O 5 de outubro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia aprobada polo Decreto 227/2012, do 2 de decembro, por mor da precisa adaptación da dita estrutura ás necesidades actuais, tendo en conta os principios de eficacia, suficiencia e racionalización que deben inspirar a actuación e organización administrativa.

En consecuencia, procede agora aprobar a estrutura orgánica superior das consellerías de acordo co artigo 25.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, para dispoñer a súa organización e, en particular, establecer a adscrición dos órganos superiores e directivos das consellerías afectadas polos cambios organizativos ás consellerías resultantes da nova organización.

Esta nova estrutura orgánica supón un novo impulso social, económico e territorial para abordar o novo contexto de crecemento.

Conscientes de que a recuperación aínda non chega a todos os fogares e como mostra dunha aposta clara polo reforzamento dos servizos públicos, créase a Consellería de Política Social.

Refórzanse os ámbitos rural e marítimo para aproveitar a potencialidade destes sectores estratéxicos en Galicia nuns momentos de favorable evolución económica e créase para tal efecto de xeito independente a Consellería do Mar e a Consellería do Medio Rural.

Fortalécese a protección do ambiente e a ordenación do territorio para que esta sexa sustentable e asume o dito ámbito competencial específico a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Pasada xa a etapa de ciclo económico recesivo, cómpre desligar o emprego da política social, entendendo como máis eficiente a súa vinculación coa promoción económica e a innovación industrial, que se incardinan na Consellería de Economía, Emprego e Industria.

En definitiva, esta nova organización supón unha maior presenza do ámbito social no Goberno, redobrar esforzos no sector primario e reforzar o ámbito da ordenación do territorio. O impulso desta renovación ten tamén un claro compoñente económico e de innovación.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 4.15º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día oito de outubro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1
  1. A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. Vicepresidencia:

      1.1. Secretaría Xeral da Igualdade.

      1.2. Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral.

    2. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

    3. Secretaría Xeral Técnica.

    4. Dirección Xeral de Xustiza.

    5. Dirección Xeral de Administración Local.

    6. Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

    7. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

    8. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

    9. Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

  2. Quedan adscritas organicamente á consellería as delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. As delegacións territoriais, configuradas como órganos de dirección, terán nivel orgánico de dirección xeral.

  3. Así mesmo, quedan adscritas a esta consellería as delegacións da Xunta de Galicia no exterior.

  4. Igualmente, quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública.

    2. O organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública.

    3. A Axencia Galega de Emerxencias.

Artigo 2
  1. A Consellería de Facenda estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:

    1. Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

    2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    3. Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

    4. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

    5. Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos.

    6. Dirección Xeral da Función Pública.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

    2. O organismo autónomo Consello Galego da Competencia.

    3. O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable.

    4. A Axencia Tributaria de Galicia.

    5. O Consello Económico e Social de Galicia, ente institucional de dereito público, órgano consultivo, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.

Artigo 3
  1. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. Secretaría Xeral Técnica.

    2. Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

    3. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

    4. Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

    2. A entidade pública empresarial Augas de Galicia.

    3. O ente público de natureza consorcial...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR