DECRETO 129/2017, do 30 de novembro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construcción do itinerario peonil e ciclista na AC-116, treito Río do Pozo - AC-114, punto quilométrico 4+120 - 6+500, de clave AC/16/061.06, no concello de Narón.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 29 de xullo de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia, núm. 143, o Anuncio do 14 de xullo de 2016 polo que se sometía ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-116, treito Río do Pozo - AC-114, punto quilométrico 4+120 - 6+500, de clave AC/16/061.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado. A información pública realizouse mediante unha separata do proxecto construtivo.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións, informes e certificados, e procedeuse á súa valoración.

Este proxecto ten por obxecto, por un lado, a execución dunha senda compartida peón-bici na estrada AC-116, desde a intersección coa estrada DP-5408, de acceso ao polígono de Río do Pozo, ata o núcleo do Cruceiro, e, por outro lado, a continuidade a través da estrada AC-114 ata o mosteiro de Baltar; no termo municipal de Narón.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR