DECRETO 132/2016, do 22 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto da senda fluvial e recuperación das marxes do río Miño entre Salvaterra de Miño e o río Caselas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

O Concello de Salvaterra de Miño, en sesión do día vinte e seis de xaneiro de dous mil quince, aprobou o proxecto da senda fluvial e recuperación das marxes do río Miño entre Salvaterra de Miño e o río Caselas e acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

O dito expediente tivo entrada o dous de agosto de dous mil dezaseis na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

O expediente tratouse na Comisión de Secretarios Xerais logo da súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

O expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinalan o Concello e o informe do técnico municipal, a senda prevista discorrerá pola franxa de terreo entre o río e a vía do ferrocarril, por onde circulan persoas que teñen o acceso aos terreos próximos, co conseguinte perigo polo accidentado do terreo e o paso dos trens.

O proxecto facilitará a actuación dos servizos de conservación da natureza da Xunta de Galicia, do Seprona, así como os da Confederación Miño-Sil; a obra supón tamén a continuación, a partir da ponte internacional, da senda fluvial que existe entre Monçao e Valença do Minho, o que porá á disposición dos veciños un...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR