DECRETO 144/2018, do 15 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da adaptación ao Plan de baixa intensidade media diaria (IMD) mellorada da PO-234, puntos quilométricos 0+420 (Ponte Caldelas) - 2+580 (Laxoso), clave PO/16/139.10, no concello de Ponte Caldelas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 17 de xullo de 2017 publicouse, no Diario Oficial de Galicia número 135, o Anuncio do 22 de xuño de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da adaptación ao Plan de baixa intensidade media diaria (IMD) mellorada da PO-234, puntos quilométricos 0+420 (Ponte Caldelas) - 2+580 (Laxoso), de clave PO/16/139.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións e certificados, procedéndose á súa valoración.

Terceiro. Tras a análise das alegacións e certificacións presentadas, o 8 de febreiro de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción da adaptación ao Plan de baixa IMD mellorada da PO-234, puntos quilométricos 0+420 (Ponte Caldelas) - 2+580 (Laxoso), de clave PO/16/139.10.

Este proxecto ten por obxecto a execución das actuacións necesarias para levar a cabo a adaptación da estrada PO-234 ao Plan de baixa IMD mellorada; sendo esta unha vía de titularidade autonómica, que discorre entre os termos municipais de Ponte Caldelas e Cotobade, concretamente entre os núcleos de Ponte Caldelas e Augasantas.

As obras expostas neste proxecto perseguen mellorar a seguridade viaria e a calidade de vida dos cidadáns, cun importante efecto positivo sobre o medio socioeconómico e humano. Todo isto debido a que a estrada PO-234 presenta un trazado con curvas de radio moi pequeno e unha sección transversal reducida, o que dificulta o cruce dos vehículos.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións:

– Aumento do largo da plataforma a 7 metros: con carrís de 3 metros de circulación e beiravías de 0,5 metros.

– Mellora das interseccións con viarios públicos.

– Mellora, limpeza e adecuación da drenaxe.

– Reposición de toda a sinalización horizontal e vertical.

– Reposición das barreiras de seguridade flexibles.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR