DECRETO 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

Mediante o Decreto 88/2018, do 26 de setembro, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Así mesmo, polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro, modificouse parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

Co Decreto 149/2018 preténdese o reforzo do ámbito rural, para os efectos de aproveitar a potencialidade deste sector estratéxico de Galicia, atendendo principalmente ás propias necesidades do sector e, en especial, na prevención e extinción de incendios, respecto da cal a experiencia acumulada nos últimos anos fai precisa a creación dun centro directivo propio e independente da xestión forestal que acometa a defensa integral do monte en Galicia. Procede, pois, determinar a estrutura orgánica e funcional axeitada para o cumprimento das funcións que se lle atribúen á Consellería do Medio Rural, respectando os principios de eficacia e economía que sempre deben presidir a actuación e a organización administrativa. De igual xeito, a creación deste novo centro directivo trae consigo a necesaria modificación parcial do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, co fin de adaptalo á nova estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

Exclúese a regulación da estrutura orgánica do Fondo Galego de Garantía Agraria, xa que o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, xa contén a súa estrutura orgánica, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Así mesmo, o decreto completa a relación de órganos colexiados adscritos á consellería e creados por normas anteriores no tempo. Respecto da entidade Axencia Galega de Calidade Alimentaria, creada no Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se aproban os seus estatutos, realízanse algunhas adaptacións necesarias na súa estrutura, en prol da optimización do seu funcionamento.

En consecuencia, procede agora aprobar a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, tendo en conta o disposto no capítulo II do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

De acordo co exposto e por proposta do conselleiro do Medio Rural, cos informes previos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da Consellería

Artigo 1 Competencias

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal, baixo a superior dirección da persoa titular do departamento, lle corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias alimentarias, montes, prevención e defensa dos incendios forestais, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española, na forma establecida neste decreto.

Artigo 2 Estrutura da Consellería
  1. Para o exercicio das súas funcións, a Consellería do Medio Rural estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. O/a conselleiro/a.

    2. Secretaría Xeral Técnica.

    3. Dirección Xeral de Defensa do Monte.

    4. Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

    5. Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

    6. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

  2. Quedan adscritas a esta consellería as seguintes entidades públicas instrumentais do sector público autonómico:

    1. O organismo Fondo Galego de Garantía Agraria.

    2. O ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

    3. O ente público Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

    CAPÍTULO II

    Órganos centrais

    Sección 1ª. O/a conselleiro/a

Artigo 3 O/a conselleiro/a

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investida das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Sección 2ª. A Secretaría Xeral Técnica

Artigo 4 A Secretaría Xeral Técnica
  1. A Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións establecidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, todas aquelas que lle sexan encomendadas pola persoa titular da Consellería e é a autoridade de xestión do Programa de desenvolvemento rural (PDR).

  2. A Secretaría Xeral Técnica estará integrada polos seguintes órganos baixo a súa dependencia orgánica e funcional:

    1. Vicesecretaría Xeral.

    2. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa.

    3. Subdirección Xeral de Contratación.

    4. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico.

    5. Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación de Fondos.

    6. Servizo de Calidade de Procedementos e Sistemas.

  3. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

    A Asesoría Xurídica rexerase polo disposto na Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, desenvolverá as funcións previstas na devandita lei, en relación coa súa respectiva área funcional e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

Artigo 5 A Vicesecretaría Xeral
  1. Con nivel orgánico de subdirección xeral, a Vicesecretaría Xeral, como órgano de dirección, exercerá as funcións de coordinación e apoio na dirección e xestión das competencias da Secretaría Xeral Técnica, a execución dos proxectos, obxectivos ou actividades e demais atribucións que lle sexan encomendadas pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, así como a súa suplencia en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

  2. Directamente, ou a través do servizo que nela se integra, desenvolverá as seguintes funcións:

    1. A coordinación da confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos da Consellería; o seguimento e control interno da execución orzamentaria, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos implicados.

    2. A elaboración do orzamento da Secretaría Xeral Técnica.

    3. A coordinación, control e seguimento da execución dos orzamentos da Consellería.

    4. A xestión e a tramitación de todos aqueles expedientes de xestión do gasto que se tramiten con cargo ao orzamento da Secretaría Xeral Técnica e, en particular, os expedientes relativos a contratos menores de gasto corrente.

    5. A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á Consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    6. Formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da Consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da Consellería.

    7. Coordinación do parque móbil da Consellería, sen prexuízo das competencias que corresponden a outros departamentos da Xunta de Galicia e coordinación das dotacións relativas aos recursos materiais da Consellería.

    8. Asesorar e emitir os informes solicitados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e, en especial, prestarlle asistencia, coordinar e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, por razón da súa competencia.

  3. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Vicesecretaría Xeral contará co Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria, ao cal lle corresponden as seguintes funcións:

    1. Participar na coordinación e tramitación do anteproxecto de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR