DECRETO 149/2019, do 7 de novembro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción: fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1, puntos quilométricos 12+720-14+440, de clave PO/16/267.06, no concello de Bueu.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 113, do 17 de xuño de 2019, publicouse o Anuncio do 5 de xuño de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: fomento da mobilidade sustentable. Senda na PO-551. Treito: Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1. Puntos quilométricos 12+720-14+440, de clave PO/16/267.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 8 de outubro de 2019 apróbase o expediente de información pública e o proxecto construción: fomento da mobilidade sustentable. Senda na PO-551. Treito: Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1. Puntos quilométricos 12+720-14+440, de clave PO/16/267.06.

Este proxecto ten por obxecto a construción dunha senda de uso peonil e ciclista na estrada PO-551, no treito comprendido entre o punto quilométrico 12+720 e 14+440, no concello de Bueu, entroncando a nova senda na súa parte inicial coas beirarrúas existentes e formalizando, deste xeito, un itinerario continuo. O mencionado proxecto encádrase dentro das actuacións de fomento da mobilidade sustentable na comarca do Morrazo e concellos limítrofes, da Xunta de Galicia.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR