DECRETO 151/2019, do 14 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil na AC-524. Puntos quilométricos 0+500-2+000, de clave AC/17/174.06, no concello de Ordes.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes.

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 32, do 14 de febreiro de 2019, publicouse o Anuncio do 8 de febreiro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción itinerario peonil na AC-524. Puntos quilométricos 0+500-2+000, de clave AC/17/174.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 24 de outubro de 2019 apróbase o expediente de información pública e o proxecto de construción do itinerario peonil na AC-524. Puntos quilométricos 0+500-2+000, de clave AC/17/174.06.

Este trazado ten por obxecto a execución dun itinerario peonil na estrada AC-524, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+500 a 2+000, no lugar denominado A Costa, no concello de Ordes.

Para a execución desta senda procederase á ampliación da plataforma da estrada cara á marxe dereita, buscando a integración da dita senda na vía actual. Así, a zona de tránsito peonil realizarase en formigón coloreado, cun ancho mínimo de 1,8 m e separada da estrada mediante unha zona verde de 90 cm de ancho e un bordo de formigón. Entre os puntos quilométricos 0+995 e 1+011, proxéctase unha pasarela para salvar o río Cabrón, de 2,24 m de ancho.

Trátase dun treito que conecta co albergue de peregrinos que se está a construír na zona, ademais de con outros focos de atracción, tales como os centros educativos IES número 1 de Ordes e co Colexio Público Alfonso Rodríguez Castelao, cos pavillóns polideportivos Castelao I e Castelao II, locais comerciais e industriais, farmacias, etc., así como coa senda existente na contorna do punto quilométrico 0+500 (punto de inicio da presente actuación).

A competencia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR