DECRETO 155/2018, do 22 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) na contorna de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-552, puntos quilométricos 1+100 a 5+600, de clave PO/17/139.06, no concello de Vigo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 19 de febreiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 35 o Anuncio do 12 de febreiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) na contorna de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-552, puntos quilométricos 1+100 a 5+600, de clave PO/17/139.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Tras a análise dos certificados e do informe presentado, o 9 de novembro de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) na contorna de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-552, puntos quilométricos 1+100 a 5+600, de clave PO/17/139.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto mellorar a seguridade viaria no treito do proxecto, mediante a execución dunha serie de actuacións encamiñadas a reducir a posibilidade de aparición de sinistros nunha zona de carácter urbano e periurbano, cunha elevada intensidade de tráfico.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros no ámbito da Administración autonómica, o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR