DECRETO 160/2019, do 19 de decembro, polo que se modifica o Decreto 60/2019, do 23 de maio, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, foi modificado polo Decreto 60/2019, do 23 de maio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 10 de xuño.

Entre as modificacións introducidas atópase a consistente na incorporación de medios electrónicos na xestión de listas, regulando un novo sistema de citación electrónica. Na disposición derradeira terceira do Decreto 60/2019, do 23 de maio, preveuse a súa entrada en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, a nova redacción dos artigos 14 e 16 entraría en vigor o 1 de xaneiro de 2020 e a do artigo 5.1 o 1 de xuño de 2020.

A complexidade técnica da implantación do novo sistema de citación electrónica puxo de manifesto a necesidade de modificar a data de entrada en vigor da nova redacción dos artigos 14 e 16 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, dada polo Decreto 60/2019, do 23 de maio, co fin de asegurar que se produza cando estea garantida a viabilidade técnica do novo sistema.

O contido do presente decreto adecúase aos principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia e eficiencia que establece o artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas. Así, en cumprimento dos principios de necesidade, de eficacia e de proporcionalidade, esta norma está xustificada pola necesidade de asegurar que a nova redacción dos artigos 14 e 16 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, entre en vigor cando estea garantida a viabilidade técnica do novo sistema de citación electrónica, sendo a regulación introducida a adecuada e imprescindible para iso. Cúmprese, así mesmo, o principio de seguridade xurídica, pois a nova regulación introdúcese a través dunha modificación do Decreto 60/2019, do 23 de maio, de xeito que o marco normativo resultante resulta estable, predicible, integrado, claro e de certidume. Por outra banda, en cumprimento do principio de transparencia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR