DECRETO 170/2016, do 17 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dun novo enlace da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, no punto quilométrico 70+000, de clave AC/16/108.01, no concello de Santiago de Compostela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes.

O 22 de marzo de 2012 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 57) a Resolución do 6 de marzo de 2012 pola que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da obra de enlace no p.q. 70 da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela e coa Cidade da Cultura de Galicia, de clave AC/10/071.00, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Tras a análise dos informes e demais alegacións recibidas, o 20 de novembro de 2015 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 222) o Anuncio do 10 de novembro de 2015, polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado sometido á información pública.

A raíz dunha nova alegación do Ministerio de Fomento sobre a necesidade de coordinar esta actuación coas obras de ampliación da AP-9 no treito Santiago Norte-Santiago Sur e da solución técnica achegada o 1 de abril de 2016 polo ministerio, o 9 de maio de 2016, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción dun novo enlace no p.q. 70+000 da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, de clave AC/16/108.01, onde están incluídas as modificacións solicitadas polo ministerio.

Con data do 14 de xullo de 2016 publícase no BOE a resolución do Ministerio de Fomento pola que se aproba provisionalmente e se ordena a incoación do expediente de información oficial e pública do proxecto de construción do novo enlace no p.q. 70+000 da autoestrada do Atlántico-AP-9, enlace de conexión co complexo Cidade da Cultura e coa cidade de Santiago de Compostela, de clave 98-LC-9904, onde se somete á información pública o proxecto aprobado por la Xunta de Galicia.

O 26 de setembro de 2016 publícase no Boletín Oficial del Estado (BOE) o real decreto polo que se aproba o convenio entre a Administración xeral do Estado, a Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, Sociedade Anónima Unipersoal, para a construción dun novo enlace na autoestrada AP-9 de acceso a Santiago de Compostela e ao complexo da Cidade da Cultura.

Con data do 20 de outubro de 2016 publícase no BOE a resolución do Ministerio de Fomento pola que se aproba o expediente de información oficial e pública do proxecto de construción do novo enlace no p.q. 70+000 da autoestrada do Atlántico-AP-9...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR