DECRETO 175/2016, do 24 de novembro, polo que se derroga o Decreto 351/2003, do 11 de setembro, de regulación da duración dos procedementos disciplinarios ao persoal estatutario que presta servizos no Servizo Galego de Saúde.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece no número 1 do seu artigo 6 que esta «é aplicable ao persoal docente dependente da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, agás no relativo ás seguintes materias:

  1. Carreira profesional e promoción interna.

  2. Retribucións complementarias.

  3. Mobilidade voluntaria entre administracións públicas».

Así mesmo, o artigo 183.1 da antedita Lei 2/2015, do 29 de abril, recolle que «Todo o persoal ao servizo das administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei queda suxeito ao réxime disciplinario establecido no presente título».

Por último, no artigo 192, número 5, a lei establece que «A duración máxima do procedemento disciplinario será dun ano. Vencido este prazo sen notificarse a resolución que poña fin ao procedemento, declararase de oficio a caducidade deste e ordenarase o arquivamento das actuacións...».

A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, non establece un prazo de duración dos procedementos relacionados cos expedientes disciplinarios do persoal estatuario. Non obstante o Decreto 351/2003, do 11 de setembro, de regulación da duración dos procedementos disciplinarios ao persoal estatutario que presta servizos no Servizo Galego de Saúde, establece no seu artigo 3 que «O prazo máximo de duración dos procedementos será de seis meses, contados entre o acordo de iniciación e a notificación da resolución que, se é o caso, recaia».

En consecuencia, tendo en conta que a dita materia non é das exceptuadas polo artigo 6.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, en prol dunha maior seguridade xurídica e co fin de establecer procedementos homoxéneos para todo o persoal ao servizo das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, procede derrogar o antedito Decreto 351/2003, do 11 de setembro.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Sanidade, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de novembro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo único Derrogación normativa

Queda derrogado o Decreto 351/2003, do 11 de setembro, de regulación da duración dos procedementos disciplinarios ao persoal estatutario que presta servizos no Servizo Galego de Saúde, de xeito que a duración máxima...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR