DECRETO 18/2016, do 11 de febreiro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, de clave AC/13/088.06.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

O 2 de decembro de 2015 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 230) o anuncio do 11 de novembro de 2015 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, de clave AC/13/088.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente, e despois da análise dos informes e certificacións presentadas, o 1 de febreiro de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 20) o anuncio do 25 de xaneiro de 2016, polo que se aproba o expediente de información pública, e definitivamente o proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, de clave AC/13/088.06.

O mencionado proxecto de construción ten por obxecto a execución dun itinerario peonil seguro e accesible, mediante a construción de beirarrúas e sendas peonís, entre o p.q. 0+000 ao 2+000 da estrada AC-543 Santiago (AC-548)-Noia (AC-550), nas parroquias de Laraño e Vidán, que comunicarán os ditos núcleos poboacionais co núcleo urbano de Santiago de Compostela.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada porque na vía obxecto do proxecto se localizan gran número de vivendas e negocios, situados en ambas as súas marxes, o que ocasiona na zona un elevado tránsito de peóns. Coa realización desta actuación preténdese, por unha parte, separar o tráfico rodado do peonil, evitando ou minimizando as posibles situacións de risco que existen na actualidade e, por outra parte, reducir as emisións de gases contaminantes como o CO2, mediante o fomento da mobilidade alternativa.

A competencia para a execución da expropiación forzosa no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR