DECRETO 183/2016, do 9 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na PO-331, treito Atín, p.q. 1+890-2+810, de clave PO/16/104.06, nos concellos de Mos e O Porriño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

O 29 de xullo de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 143) el Anuncio do 18 de xullo de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción «Itinerario peonil e ciclista na PO-331. Tramo: Atín, p.q. 1+890-2+810, de clave PO/16/104.06», así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente, e tras a análise do informe, alegación e certificacións presentados, o 28 de novembro de 2016 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción «Itinerario peonil e ciclista na PO-331. Tramo: Atín, p.q. 1+890-2+810, de clave PO/16/104.06».

Este proxecto de construción ten por obxecto a mellora da circulación peonil e ciclista nun tramo da estrada PO-331; infraestrutura viaria que conecta O Porriño coa zona do Val Miñor (Gondomar), e por extensión coa zona costeira da Ramallosa (Nigrán). Todo isto mediante a construción dunha senda peonil e ciclista na marxe esquerda da PO-331, que da continuidade ao itinerario existente; mellora do itinerario peonil e ciclista de acceso ao CEIP Atín; mellora da accesibilidade no itinerario mediante beirarrúas; ampliación da intersección; construción dun cambio de sentido e implantación da rede de saneamento; o que xustifica a urxencia da ocupación.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR