DECRETO 20/2016, do 18 de febreiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción consistente na restitución da ribeira do río Miño no cruzamento da autoestrada AG-53 (Aceousa), de clave OU/11/073.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Con data do 2 de marzo de 2015, o director da Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción consistente na restitución da ribeira do río Miño no cruzamento da autoestrada AG-53 (Aceousa), de clave OU/11/073.01.

O mencionado proxecto de construción ten por obxecto a restitución das estruturas de protección precisas na ribeiras do río Miño, á altura do viaduto da AG-53 sobre a dita canle. Así mesmo, inclúese un paso superior sobre a liña de ferrocarril Vigo-Ourense para o tránsito de maquinaria de obra e acceso para os futuros traballos de mantemento na zona de actuación.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesidade de restituír a ribeira, protexela fronte a novos procesos erosivos e rexenerala ambientalmente.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR