DECRETO 20/2018, do 1 de febreiro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado para a mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo (Tomiño), de clave PO/17/003.11, no concello de Tomiño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 7 de xullo de 2017 a Axencia Galega de Infraestruturas resolve aprobar provisionalmente o proxecto de trazado para a mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo (Tomiño), de clave PO/17/003.11.

Segundo. Con data do 4 de agosto de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 148) o Anuncio de 18 de xullo de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado para a mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo (Tomiño), de clave PO/17/003.11, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido (convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño).

Terceiro. Despois da análise das alegacións, informes e certificacións presentadas, o 17 de xaneiro de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado para a mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo (Tomiño), de clave PO/17/003.11.

O dito proxecto construtivo ten por obxecto mellorar o calidade de vida no concello de Tomiño, xa que está a ter nos últimos anos un importante desenvolvemento urbanístico, o que supón un considerable aumento da súa poboación e do tránsito de vehículos. Isto fai necesario levar a cabo actuacións de transformación do espazo público co fin de crear un núcleo urbano preferentemente peonil e mellorar a seguranza viaria.

A estrada provincial EP-3102 Tomiño-Sabarís e a estrada autonómica PO-344 conflúen ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo (concello de Tomiño). A confluencia das ditas estradas está xerando un grave problema de conexión de tránsito de vehículos en Tomiño, xa que preto se atopan unha serie de equipamentos públicos, como colexios, edificios administrativos, centros de saúde ou zonas deportivas.

A competencia para a execución da expropiación forzosa no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado con itinerarios que se desenvolvan...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR