DECRETO 21/2018, do 8 de febreiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (punto quilométrico 8+190 a 11+890), coa clave PO/16/102.06, no concello de Poio.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 21 de abril de 2017, publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 77) o Anuncio do 12 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (p.q. 8+190 a 11+890), coa clave PO/16/102.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 21 de decembro de 2017 aprobase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (p.q. 8+190 a 11+890), coa clave PO/16/102.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto o emprego de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo. Todo isto debido a que a estrada PO-308 pertence á rede primaria complementaria, configura a conexión da costa entre O Grove, Sanxenxo e Pontevedra, e soporta un importante tránsito de vehículos pola súa proximidade co núcleo urbano de Pontevedra e por ser unha das principais zonas turísticas de Galicia.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR