DECRETO 22/2019, do 28 de febreiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-116, treito AC-114-Meirás, punto quilométrico 6+500-12+030, de clave AC/16/063.06, nos concellos de Narón e Valdoviño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 29 de xullo de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 143 o Anuncio do 14 de xullo de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-116, treito AC-114-Meirás, p.q. 6+280-9+270, de clave AC/16/063.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Non obstante, o proxecto sometido a información pública abarcaba un ámbito superior, alcanzando o treito ata o punto quilométrico 12+030.

Segundo. Tras a análise das alegacións, certificados e informes presentados, o 22 de febreiro de 2019 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-116, treito AC-114-Meirás, de clave AC/16/063.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a execución dunha senda compartida peón-bici para conectar co paseo que bordea a Lagoa da Frouxeira e que chega ata o núcleo de Atios, permitindo a conexión peonil ao longo de toda a estrada AC-116 no municipio de Valdoviño. Tamén se mellorará unha intersección para a realización do cruce da estrada AC-116.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR