DECRETO 225/2020, do 23 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Facenda e Administración Pública
Rango de LeyDecreto

A Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, no seu artigo 12, dispón que a oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal.

Ao non aprobarse o proxecto de Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2020, resulta de aplicación en toda a súa extensión o artigo 134.4 da Constitución española, do 27 de decembro de 1978, que sinala que «se a lei de orzamentos non se aproba antes do primeiro día do exercicio económico correspondente, consideraranse automaticamente prorrogados os orzamentos do exercicio anterior ata a aprobación dos novos.

De acordo co disposto no artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, no presente exercicio unicamente se procederá, no sector público autonómico, á incorporación de novo persoal con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos nesa norma.

Na mesma norma fíxanse diferentes taxas de reposición. Dentro do 100 % da taxa de reposición figuran os sectores prioritarios, onde a lei inclúe, entre outros, o control e a loita contra a fraude fiscal, laboral, subvencións públicas e control da asignación eficiente dos recursos públicos, asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos, así como tamén as prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento, as prazas do persoal que presta asistencia directa aos usuarios dos servizos sociais e do persoal que realiza a xestión de prestacións e políticas activas en materia de emprego, prazas de seguridade e emerxencia, prazas de persoal que realiza unha prestación directa aos usuarios do servizo de transporte público, persoal de atención aos cidadáns nos servizos públicos e persoal que preste servizos na área das tecnoloxías da información e da comunicación.

Noutros sectores a taxa de reposición fíxase ata un máximo do 75 %.

Así mesmo, e segundo dispón o artigo 19.seis da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, a taxa de reposición de un ou de varios sectores ou colectivos prioritarios poderase acumular noutros sectores ou colectivos prioritarios. Igualmente, a taxa de reposición dos sectores non prioritarios poderá acumularse nos sectores prioritarios.

No ámbito de función pública galega o número de prazas que se poden convocar na oferta de emprego público do ano 2020 é de 562 prazas.

Para o cálculo da taxa de reposición acudiuse ao disposto na devandita lei no seu artigo 19.un.7 para os efectos de aplicar a porcentaxe máxima, non computando as prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna e procesos de consolidación para o persoal declarado indefinido non fixo mediante sentenza xudicial. Ademais, no punto 9 recóllese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48 establece os criterios xerais en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

O artigo 70.3 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, establece que o decreto polo que se aprobe a oferta de emprego público poderá conter medidas derivadas da planificación dos recursos humanos.

Neste sentido, merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos. Deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores aos superiores.

No decreto de oferta para o ano 2020 considérase unha promoción interna separada para o persoal funcionario dos corpos xerais, con convocatorias independentes das de acceso libre.

Tamén se recollen prazas de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna. Este persoal laboral fixo poderá participar nun proceso selectivo de promoción interna a través dun concurso-oposición nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Así mesmo, inclúense prazas na promoción interna para dar cumprimento aos acordos asinados entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais sobre o persoal laboral da Axencia Galega de Infraestruturas e as actuacións que se desenvolverán entre a Administración e as organizacións sindicais relativas ao persoal laboral da gardaría fluvial da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Para determinar a taxa de reposición das prazas de acceso libre tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias, baixas definitivas, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2019.

Nesta oferta recóllese unha consolidación de emprego temporal para prazas de carácter estrutural, dotadas orzamentariamente e que se atopan desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005, de conformidade co previsto na disposición transitoria cuarta do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, que continúa en vigor de acordo coa disposición derrogatoria primeira da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego público de Galicia.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, así como aos acordos sobre o desenvolvemento da estabilidade no emprego dos servizos públicos e, en concreto, ao Acordo de concertación social do emprego público de Galicia publicado mediante a Orde de 15 de xaneiro de 2019, inclúese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal, incorporando prazas dos servizos da Administración e servizos xerais que respondan a necesidades estruturais, estean dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. As ofertas que articulen estes procesos de estabilización deberán aprobarse e publicarse nos respectivos diarios oficiais nos exercicios 2018 a 2020 (período ampliado ao exercicio 2021, de conformidade co disposto no Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica). Deste xeito, tendo en conta a Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, e, máis concretamente, a súa disposición adicional trixésimo primeira, incorporaranse as prazas para a estabilización do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar, co obxecto de reducir a taxa de temporalidade na Comunidade Autónoma de Galicia, prazas que estean dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017.

Tamén se inclúen nesta oferta prazas de consolidación de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais. Estas prazas están distribuídas por corpos e escalas de persoal funcionario e por categorías de persoal laboral, segundo constan nas relacións de postos de traballo aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia para dar cumprimento ao establecido no artigo 28 da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, e no artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Os procesos de consolidación e estabilización que se convoquen faranse polo sistema de concurso-oposición a través dos correspondentes procesos selectivos que deberán garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.

Da resolución destes procesos non poderá derivar, en ningún caso, incremento de custo nin de efectivos.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, na oferta de acceso libre resérvase unha porcentaxe do 13,70 % das vacantes que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta.

A reserva do 13,70 % indicado realizarase de xeito que o 4,27 % das prazas ofertadas sexa para seren...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR