DECRETO 25/2017, do 23 de febreiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos: A Susana-polígono industrial (punto quilométrico 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (punto quilométrico 1+170-2+250), nos concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón (clave AC/16/087.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes.

O 9 de novembro de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 213) o Anuncio do 26 de outubro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos: A Susana-polígono industrial (p.q. 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (p.q. 1+170-2+250), de clave AC/16/087.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia.

Posteriormente, e tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 20 de xaneiro de 2017 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos: A Susana-polígono industrial (p.q. 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (p.q. 1+170-2+250), de clave AC/16/087.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a execución dun itinerario mixto (peonil e ciclista) na marxe dereita da estrada AC-960, coa finalidade de comunicar o núcleo da Susana e o lugar da Eirexe, constituíndo así un itinerario continuo entre ambas as poboacións. A senda obxecto deste proxecto executarase en dous treitos: A Susana-polígono industrial, p.q. 0+000-0+810, e polígono industrial-A Eirexe, p.q. 1+170-2+250.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR