DECRETO 28/2019, do 7 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito Camiño Portugués-Conxo, de clave AC/17/012.10.4, no concello de Santiago de Compostela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 18 de xullo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 137 o Anuncio do 10 de xullo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o documento básico de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito Camiño Portugués-Conxo, de clave AC/17/012.10.4, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións e certificados presentados, o 4 de marzo de 2019 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito Camiño Portugués-Conxo, de clave AC/17/012.10.4.

Este proxecto de construción ten por obxecto acadar unha imaxe identitaria internacional común ao longo do Camiño, concretamente para mellorar a integración do peregrino na entrada da cidade de Santiago de Compostela, facilitando a dita percepción e diminuíndo a tensión de tráfico sobre o Camiño, así como favorecendo a mobilidade peonil nesta área ao priorizar ao peregrino sobre o tráfico rodado.

Máis concretamente, preténdese reordenar o itinerario do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo de Conxo de Abaixo, mellorando a visual do peregrino ao longo da traza do camiño e reducindo o tránsito de vehículos. Tamén cabe destacar a gran importancia que a dita actuación terá para os veciños do lugar.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, neste caso, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Por outra banda, o artigo 80 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 16 de maio), determina que a aprobación da delimitación dos Camiños de Santiago levará implícita a declaración de interese social e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos para os fins de expropiación forzosa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR