Decreto 206/2008, do 28 de agosto, de receita electrónica.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Consellería de Sanidade, a través do Servizo Galego de Saúde, ten asumidas as funcións relativas ao desenvolvemento e a coordinación da política autonómica en relación coa ordenación da prestación farmacéutica e a execución da lexislación do Estado sobre produtos farmacéuticos e sanitarios. Así mesmo, desenvolve os programas orientados á racionalización e calidade do emprego dos recursos farmacoterapéuticos na prescrición, distribución e dispensación de medicamentos e produtos sanitarios, con criterios de efectividade, seguridade e custo, nos termos previstos na lexislación vixente, fomentando a participación de todos os axentes implicados, así como o seguimento e avaliación da execución do Concerto da prestación farmacéutica coas oficinas de farmacia.

O artigo 33.2º da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, determina que se tenderá á dispensación individualizada de medicamentos e á implantación da receita electrónica, en cuxo desenvolvemento participarán as organizacións colexiais médica e farmacéutica. O mesmo artigo 33, no seu número 3º, indica que para a xestión por medios informáticos da información necesaria para o desenvolvemento das actividades anteriormente mencionadas e para a colaboración coas estruturas asistenciais do Sistema Nacional de Saúde, axustaranse ao disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e ás especificacións establecidas polos servizos de saúde das comunidades autónomas.

Ademais, o artigo 54 da mesma Lei 16/2003, relativo á rede de comunicacións do Sistema Nacional de Saúde, indica que, a través da devandita rede, circulará información relativa á receita electrónica.

Por outra banda, a Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, no seu artigo 77.8º, recolle a necesidade de determinar os requisitos mínimos que deben cumprir as receitas médicas editadas en soporte informático.

No proceso progresivo da implantación de soportes informáticos para a xestión da prescrición e dispensación dos medicamentos, a Consellería de Sanidade, a través do Servizo Galego de Saúde, desenvolve un sistema de receita electrónica en Galicia cos obxectivos de mellorar a calidade asistencial ao reducirse o número de consultas para renovación de receitas, incrementando así o tempo de consulta do médico para diagnóstico e tratamento; mellorar a calidade da información sobre a historia farmacoterapéutica dos pacientes, mellorar a seguridade no uso dos medicamentos, facilitando o seguimento farmacoterapéutico, a detección de alerxias, interaccións e información sobre alertas farmacéuticas; mellorar a accesibilidade do paciente ao reducir os desprazamentos e trámites relacionados con pacientes crónicos e coa homologación sanitaria das receitas; habilitar novas canles de comunicación entre os/as profesionais médicos e farmacéuticos que atenden os/as pacientes; simplificar o procedemento de facturación de receitas e reducir a burocracia, potenciar a atención farmacéutica, e acadar unha xestión eficiente dos recursos farmacoterapéuticos mediante a racionalización da prescrición e dispensación dos medicamentos.

O sistema de receita electrónica sitúase no marco do proxecto de Historia Clínica Electrónica do Servizo Galego de Saúde (IANUS), como instrumento de mellora da calidade na atención sanitaria á cidadanía, protexendo en todo momento o seu dereito á intimidade e confidencialidade dos seus datos clínicos.

A receita electrónica desenvólvese en colaboración coas oficinas de farmacia de Galicia, a través da intermediación dos colexios oficiais de farmacéuticos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, nos termos do Protocolo de actuación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e os colexios de farmacéuticos de Galicia, para a posta en marcha do proxecto de receita electrónica na Comunidade Autónoma de Galicia asinado en agosto de 2007, en que se establece o modelo de relación, as responsabilidades e as accións para desenvolver polas partes, así como o deseño da arquitectura tecnolóxica da receita electrónica.

Coa finalidade de garantir a calidade e seguridade do sistema de receita electrónica, cómpre establecer os requisitos para a prescrición en soporte electrónico das receitas dos medicamentos e produtos sanitarios incluídos na prestación farmacéutica, así como os procedementos e requisitos necesarios para a súa dispensación das mesmas por parte das oficinas de farmacia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Sanidade, de conformidade co ditame 957/08 do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e oito de agosto de dous mil oito,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto regular a implantación da receita electrónica no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia e establecer os procedementos e requisitos de prescrición e dispensación de medicamentos e produtos sanitarios mediante aquela.

Artigo 2º Definicións.

Para os efectos do disposto neste decreto, entenderase por:

  1. Receita electrónica: é o documento electrónico polo que o profesional sanitario facultado para iso prescribe aos/ás pacientes con dereito a prestación farmacéutica medicamentos e produtos sanitarios para a súa dispensación nas oficinas de farmacia.

  2. Certificado electrónico: é un documento asinado electronicamente por un prestador de servizos de certificación que vincula uns datos de verificación de sinatura a un asinante e confirma a su identidade.

  3. Sinatura electrónica: é o conxunto de datos en forma electrónica, consignados xunto a outros ou asociados con eles, que poden ser utilizados como medio de identificación do/a asinante.

  4. Sinatura electrónica avanzada: é a sinatura electrónica que permite...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR