DECRETO 29/2015, do 12 de febreiro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1. Treito: enlace de Rande-enlace de Cangas, nos concellos de Cangas e Moaña (clave PO/12/070.01).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 14 de xuño de 2012 a directora da Axencia Galega de Infraestruturas aprobou provisionalmente o proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1, treito enlace de Rande-enlace de Cangas, clave: PO/12/070.01.

Segundo. Con data do 20 de xullo de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 139) a Resolución do 26 de xuño de 2012, da directora da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se sometía ao trámite de información pública, polo prazo de 30 días hábiles, o proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1, treito enlace de Rande-enlace de Cangas, clave: PO/12/070.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Simultaneamente, o proxecto foi remitido ás administracións públicas afectadas, para que no prazo dun mes o examinasen e emitisen informe ao respecto.

Terceiro. Tras a análise efectuada das alegacións e informes presentados polos organismos oficiais competentes, o 30 de abril de 2013 publicouse o anuncio do 22 de abril de 2013, da Axencia Galega de Infraestruturas, para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1, treito enlace de Rande – enlace de Cangas, clave: PO/12/070.01.

O mencionado proxecto ten por obxecto solucionar os problemas de capacidade e seguridade viaria da CG-4.1 e mellorar a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixo atlántico.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981,do 6 de abril.

Segundo o artigo 16.1 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a aprobación dos proxectos de estradas de titularidade autonómica implicará a declaración de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR