DECRETO 29/2018, do 22 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

O artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece que as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poidan ser cubertas cos efectivos de persoal existentes serán obxecto de oferta de emprego público.

O artigo 12.2 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, prevé que para dar cumprimento ao acordo e para o desenvolvemento do Plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos, asinado o día 18 de outubro de 2017, se aplicarán as disposicións recollidas nos puntos un, dous, cinco e seis do artigo 19 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017.

Neste artigo 19 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, fíxase unha taxa de reposición do 100 % para as administracións públicas con competencias educativas para o desenvolvemento da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en relación coa determinación do número de prazas para o acceso aos corpos de funcionarios docentes, así como a posibilidade de dispor dunha taxa adicional para estabilización de emprego temporal, que incluirá ata o 90 por cento das prazas que, estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompida, polo menos, nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016. Establece tamén que as ofertas de emprego que articulen estes procesos de estabilización deberán aprobarse e publicarse nos respectivos diarios oficiais nos exercicios 2017 a 2019 e serán coordinadas polos departamentos ministeriais competentes.

Polo anterior, e tendo en conta a planificación educativa e as vacantes que durante o ano 2017 se produciron nos distintos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR