DECRETO 32/2015, do 19 de febreiro, polo que se regula a declaración de municipio turístico.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuída, de conformidade co disposto no artigo 27.21º do Estatuto de autonomía, a competencia exclusiva en materia de promoción e ordenación do turismo dentro da comunidade e, polo tanto, a potestade de regular o sector turístico no seu ámbito territorial.

A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, recolle no título III, nos seus artigos 27 a 30, a declaración de municipio turístico co obxectivo de dotar esta figura dun marco xurídico, así como establece os requisitos mínimos que deberán cumprir os municipios galegos para ser declarados municipios turísticos. A lei tamén fai referencia aos servizos mínimos que deben prestar, así como os efectos que terá a declaración de municipio turístico e os casos en que pode perderse.

Con esta referencia legal, a Xunta de Galicia recoñece o importante papel que xogan os concellos na proxección turística da Comunidade Autónoma, por ser a administración máis próxima á cidadanía e a que recibe os/as turistas e visitantes que se achegan á nosa comunidade.

Así mesmo, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, establece a posibilidade da declaración de municipios turísticos, así como a de realizar convenios coa Xunta de Galicia e de establecer tributos ou recargas específicas de acordo coa lexislación de facendas locais, nos artigos 90 a 92.

A declaración de municipio turístico estaba regulamentada no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de Galicia de interese turístico.

Este novo decreto engade novas exixencias co propósito de que a declaración de municipio turístico implique para o concello un compromiso real e efectivo dirixido a potenciar o sector turístico no seu termo municipal como área económica, social, cultural e de imaxe.

Así, por unha banda, recóllense os requisitos de inescusable concorrencia para que proceda a declaración e a prestación duns servizos mínimos e, por outra, os elementos de valoración non excluíntes e cunha marxe de discrecionalidade na súa apreciación.

Os requisitos mínimos son só os que se recollen na Lei 7/2011, do 27 de outubro, e, como novidade, estes configúranse de xeito acumulativo e non alternativo a diferenza das anteriores leis de turismo.

Porén, a declaración presupón tamén beneficios para os concellos declarados municipios turísticos tanto no que atinxe á planificación turística como ás liñas de fomento, actividades de promoción ou políticas de implantación ou mellora de infraestruturas e servizos que poidan determinar a administración autonómica ou outras administracións de carácter supramunicipal. Trátase, neste caso, de establecer canles de cooperación interadministrativa que permitan o impulso do sector turístico no ámbito municipal.

Este decreto desenvolve a previsión legal, concretando os requisitos que deben cumprirse para optar á declaración de municipio turístico, os seus efectos, así como o procedemento para a declaración, a súa vixencia e a perda da condición de municipio turístico.

Polo que respecta aos órganos competentes, o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, regula a Axencia Turismo de Galicia como unha axencia pública autonómica, que ten como obxectivo básico impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade. Nace cunha vocación integradora, e deste xeito acádase unha dirección única, coordinada e áxil das competencias turísticas da Comunidade Autónoma, así como dos servizos comúns e transversais destas, o que supón conseguir unha maior eficacia e eficiencia dos recursos públicos.

O decreto conta con vinte e un artigos agrupados en catro capítulos, catro disposicións adicionais, dúas disposicións transitorias, unha derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.

O decreto complétase cun anexo relativo ao procedemento para a solicitude de declaración de municipio turístico.

O capítulo I baixo a rúbrica de Disposicións xerais, recolle o obxecto, o ámbito de aplicación do decreto e a finalidade de declaración de municipio turístico, así como a competencia para a declaración de municipio turístico.

O capítulo II establece os requisitos e servizos mínimos para a declaración de municipio turístico, elementos de valoración e efectos da declaración.

O capítulo III regula o procedemento para a declaración de municipio turístico e o capítulo IV a vixencia e a perda da condición de municipio turístico.

As disposicións adicionais primeira, segunda, terceira e cuarta refírense, respectivamente, á zona de grande afluencia turística, ao tratamento dos datos de carácter persoal por parte da axencia, á modificación de formularios co fin de mantelos actualizados de conformidade coa normativa vixente e aos modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa á disposición das persoas interesadas.

O réxime transitorio establece un período de catro anos para a adaptación dos municipios turísticos que non cumpren cos requisitos establecidos neste decreto e, respecto aos expedientes en curso, estes tramitaranse e resolveranse conforme as disposicións vixentes no momento da súa iniciación.

O presente decreto foi sometido ao preceptivo informe do Consello do Turismo de Galicia.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, oído o Consello Consultivo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezanove de febreiro de dous mil quince,

DISPOÑO:

CAPÍTULO IDisposicións xerais

Artigo 1 Obxecto

Este decreto ten por obxecto regular os requisitos, os elementos de valoración e os efectos da declaración de municipio turístico, así coma o procedemento para obter tal declaración, a súa vixencia e a perda da condición de municipio turístico.

Artigo 2 Finalidade

A declaración de municipio turístico ten por finalidade o desenvolvemento turístico do termo municipal e a mellora da prestación de servizos destinados, principalmente, a favorecer a afluencia e a visita aos recursos turísticos do concello.

Artigo 3 Ámbito de aplicación

Poderán ser declarados municipios turísticos galegos aqueles municipios que, por contar con recursos ou servizos turísticos de especial relevancia e cumprir os requisitos e servizos mínimos establecidos neste decreto, presenten un gran potencial turístico para Galicia.

Artigo 4 Competencia

A competencia para a declaración de municipio turístico corresponde ao Consello da Xunta, por proposta da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, e as demais funcións relacionadas coa instrución do procedemento serán exercidas pola axencia a través da Dirección de Competitividade.

CAPÍTULO IIRequisitos e servizos mínimos para a declaración de municipio turístico, elementos de valoración e efectos da declaración

Artigo 5 Requisitos e servizos mínimos para a declaración de municipio turístico
  1. De conformidade co artigo 27 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, poderán solicitar a declaración de municipios turísticos aqueles que cumpran os seguintes requisitos:

    1. Que a media ponderada anual de poboación turística sexa superior ao 25 % do número de veciños/as.

    2. Que o número de prazas de aloxamento turístico e de prazas de segunda residencia sexa superior ao 50 % do número de veciños/as.

    3. Que acrediten contar, dentro do seu territorio, con algún recurso ou servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística que xere unha cantidade de visitantes cinco veces superior á súa poboación, computada ao longo dun ano e repartida, cando menos, en máis de trinta días.

  2. Os municipios turísticos deberán prestar, como mínimo, os servizos previstos no artigo 28 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Artigo 6 Elementos de valoración

Para a declaración de municipio turístico teranse en conta os seguintes elementos de valoración:

  1. A existencia dun instrumento de planificación turística aprobado polo pleno do concello, que deberá contar co seguinte contido mínimo:

    1. ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR